Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Antonio Perla de las Parras examinará hoxe na UNED a arquitectura de Antonio Palacios en Madrid

5 de octubre de 2021

O relator é especialista en técnicas e medios artísticos e ten unha ampla traxectoria como investigador e asesor en proxectos de restauración de varios monumentos, incluidos edificios do arquitecto Palacios. Falará as 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

OURENSE, 5 de outubro de 2021.- Esta tarde, dentro das Xornadas que sobre o legado do arquitecto Antonio Palacios celebra a UNED en Ourense, intervirá Antonio Perla de las Parras, profesor contratado doutor da UNED, en Historia da arte (Técnicas e Medios Artísticos e Historia da arte da Baixa Idade Media). O seu tema será: Desde Madrid, a obra de Antonio Palacios. Esta conferencia pode seguirse presencialmente no salón do Centro Cultural Marcos Valcárcel e en liña por aquelas persoas que se matricularon.

O doutor Perla é titor da materia de Grao de Técnicas e Medios Artísticos, UNED Madrid e titor da materia de Grao de Historia da arte da Baixa Idade Media en UNED Madrid Sur, Móstoles. Na súa longa traxectoria profesional conta con numerosos traballos de asistencia e restauración en diversos edificios históricos de España: Prestou asistencia técnica para restaurar a cerámica do Antigo Hospital para Xornaleiros de San Francisco de Paula de Madrid, actual sede da Consellería de Política Territorial da Comunidad de Madrid, tamén na dirección das obras de recuperación e traslado dos paneis de azulejería atopados no interior e exterior da casa sita na rúa Zorrilla nº 4 de Madrid, no1987. Redacción da Memoria da Intervención. Asistiu tecnicamente a dirección facultativa para a Recuperación da imaxe das torres do Hospital de Santiago -cuberta vidriada das cúpulas-, de Andrés de Vandelvira, en Ubeda (Xaén). Fixo o mesmo para o estudo dun módulo de fachada e redacción do proxecto para a restauración da Cerámica das Fachadas do Antigo Ministerio de Fomento -actual Ministerio de Agricultura-, Ministerio de Obras Públicas, 1986-1987. Redacción do capítulo do proxecto correspondente á restauración dos relevos de louza e os paneis de azulejería. Proporcionou asistencia técnica igualmente para a restaurar a cerámica das fachadas da Escola de Minas, de Madrid, 1987-88 e redacción do capítulo do proxecto correspondente á restauración dos paneis de azulejería. Redactou o capítulo do Proxecto de Restauración do Palacio de Cristal do Retiro, Madrid, correspondente á restauración das cerámicas e os zócalos de ladrillo e granito ademais de dar asistencia á dirección para restaurar azulejería, ladrillo, pedra e zinc do Palacio de Cristal do Retiro, traballo galardoado na XIII edición dos Premios de Urbanismo Arquitectura e Obra Pública do Concello de Madrid, en 1998. 

Antonio Perla foi membro da Comisión de Expertos para a restauración da Praza de España de Sevilla, 1999-2001. Documentou e realizou a Memoria Histórica para o estudo da Ordenación da Mazá Canalejas (rúas de Alcalá, Sevilla, praza de Canalejas e Carrera de San Jerónimo de Madrid) por encargo de María José Torres Hors, urbanista e Alberto Ballarín Irribaren, arquitecto, no 2006. Redactou a parte do proxecto para restaurar a subestación eléctrica de Pacífico —do Metropolitano de Madrid—, correspondente á proposta de actuación sobre os materiais cerámicos: arrimadero de azulejería e soleira de barro, 2006. Documentou e redactou a memoria histórica para o estudo do Hotel Ritz de Madrid, para a proposta de modificación puntual do PGOU de Madrid que afecta o Hotel Ritz, por encargo de María José Torres Hors, urbanista e Alberto Ballarín Irribaren, arquitecto, 2007. Estudou o estado de conservación dos conxuntos de azulejería da Praza de Touros das Vendas de Madrid e o dos " Macetones cerámicos con motivos de Zuloaga" do Ministerio de Agricultura, entre outubro 2013 e febreiro 2014.

 O doutor Perla de las Parras é membro da Comisión de Exposicións da Sala de Exposicións da Institución Libre de Ensino, rúa Xeral Martínez Campos, 19; integrou o Consello de Redacción da revista especializada en temas de cerámica La Tinaja, editada pola Escola Madrileña de Cerámica da Moncloa e o Concello de Madrid, 1986-87. Entre as súas publicacións é autor do libro: Cerámica Aplicada na Arquitectura Madrileña, 1988. Ten un capítulo na obra colectiva Museo Nacional de Cerámica e das Artes Suntuarias González Martí, Ministerio de Educación e Cultura, 1999. Manual para a conservación e restauración de Casas Históricas e Singulares (dirección e redacción de textos), Tusquets, Barcelona, 2005. Posúe, ademais, capítulos en libros de varios autores, entre eles: "Técnicas na Olería", nun estudo de formas na Olería Española, Catálogo da Exposición, Centro Nacional de información Artística, Arqueolóxica e Etnolóxica, Ministerio de Cultura, Institución Libre de Ensino, Madrid, 1984; "A Cerámica", en Monumento Recuperado (Antigo Hospital para Xornaleiros de Madrid), VVAA,  Madrid,1990; "O programa iconográfico do Ministerio de Fomento: Velázquez Bosco e Daniel Zuloaga" II Coloquios de Iconografía, Fundación Universitaria Española, en Cadernos de Arte e Iconografía, F.U.E., Seminario de Arte Marqués de Lozoya, Tomo IV, nº 8, Madrid, 1991. "Apuntamentos sobre as restitucións cerámicas nos traballos de restauración", V Congreso Mundial da Calidade do Azulexo, Actas, T.II, Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación e Colexio Oficial de Enxeñeiros Superiores Industriais, Castellón da Plana, marzo, 1998; “Antonio Palacios e a cerámica: luz e cor na arquitectura” en Antonio Palacios, construtor de Madrid, Círculo de Belas Artes, Madrid, 2001; “Cerámica monumental para unha arquitectura monumental”, en Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia,  Xunta de Galicia, Vigo, 2020.

Algúns dos seus artigos en revistas son: “Os azulexos nas fachadas dos locais comerciais madrileños”, en Comercio e Industria, Cámara de Comercio e Industria de Madrid, nº 58, Madrid, 1985; “Fachadas de Madrid en tempos de Zuloaga”, en La Tinaja, Madrid, 1986. “ Maudes, unha arquitectura de anticipación. A cerámica, o reflexo do sol”, Informes da Construción, Instituto Eduardo Torroja (CSIC), Vol. 38, 1987.

Impartiu cursos e conferencias como: “Testemuñas do emprego da cerámica na creación do Metro de Madrid”, A cerámica en Madrid, VII Congreso Anual da Asociación de Ceramología, Hotel Escola da Comunidad de Madrid, Madrid, 25, outubro, 2002. "Paseando pola arte (visita guiada): Anden Cero. Visita guiada á antiga estación de Metro de Chamberí", UNED, Centro Asociado Madrid Sur, 30 de abril de 2016. 2 horas. Destinado aos estudantes da UNED.

ESTAS XORNADAS PODEN SEGUIRSE DE DÚAS MANEIRAS:

-Presencialmente acudindo ao salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel

-Oss que elixiron seguilas en directo via streaming adxuntamos un PDF coas instruccións a seguir. Quenes sexan alumnos da UNED aplican ás súas propias claves de acceso. Os que son alleos á UNED seguen as instruccións descritas e as súas claves de acceso serán estas:

 

Usuario:       alumno1

Contrasinal: 20121generico 

Logo os estudantes UNED e os NON UNED acceden (tal como está descrito no pdf) á ligazón:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=490980&ID_Sala=320036  e verán na súa  pantalla o evento Xornadas Antonio Palacios (a conectarse ás 19 h).

Para recibir o diploma da Universidade é preciso matricularse aquí. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es