OURENSE, 20 de maio de 2021.- Desde hoxe está aberto o prazo de preinscripción para estudantes de nova incorporación aos estudos de Mestrado. Estas son as datas a ter en conta para realizar a túa solicitude:
O Mestrado Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bachalerato, FP e Ensino de Idiomas abrirá o prazo de preinscripción o 20 de maio e finalizará o 2 de xuño de 2021.
Outros mestrados que tamén pechan a preinscripción o 2 de xuño son:
O MU en Investigación en Historia da Arte ten tamén un prazo especial para a preinscripción: do 17 de xuño ao 17 de xullo de 2021.
E o MU en Administración Sanitaria abrirá a preinscripción en setembro de 2021, data aínda sen determinar.
Os estudantes que xa están cursando os estudios de Mestrado teñen de prazo do 10 ao 30 de setembro de 2021; coa excepción do MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o MU en Acceso á avogacía, que será do 2 ao 9 de setembro.
A matrícula para estudantes novos poderase formalizar do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021 e, para o resto dos estudantes, desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021.
Máis información pulsando aquí.
UNED Ourense
Comunicación