Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo  de matrícula do segundo cuadrimestre na UNED, do 4 de febreiro ao 10 de marzo

4 de febrero de 2021

Periodo habilitado para Grao, Micrograo e Mestrado. Para a Proba de Acceso a Maiores de 25 ou 45 anos, ata o 15 de marzo

OURENSE, 4 de febreiro de 2021.-A UNED, o maior campus de Europa, habilita o seu  segundo período de matrícula entre o 4 de febreiro e o 10 de marzo para todas materias do segundo cuadrimestre dos estudos de Grao, Micrograo e a maioría dos Mestrados Oficiais. Esta opción vai dirixida aos estudantes non matriculados anteriormente e a quenes queiran ampliar materias. Quen desexe participar na proba libre de Acceso á Universidade para Maiores de 25 ou 45 anos, o prazo de matrícula esténdese ata o 15 de marzo. Nesta convocatoria só se admite a modalidade de pago único.

Todas as opcións de matrícula

Como matricularse agora en Grao e Mestrado

Como matricularse agora en Micrograos

Como matricularse na proba de Acceso á Universidade para Maiores de 25 ou 45 anos

O obxectivo da UNED é flexibilizar todos os prazos para permitir que os estudantes encaixen as súas probas e avaliacións ás súas ocndicións individuais de vida laboral e persoal. Dentro da amplia gama de opcións de formación superior que ofrece a UNED é preciso revisar a normativa específica de determinados estudos que incorporan anexos ou excepcións, como, por exemplo, o Grao e TFG de Psicoloxía, que permite a matrícula cando se precisa un pequeno número de créditos para completar o Plan de Estudos e alcanzar a titulación.

Para a maior parte da oferta de estrados rixe a norma xeral e nos TFM tutelados é preciso un acordo co coordenador ou coordenadora dos seus estudos. Non se admitirán solicitudes de matrícula nas materias de carácter anual nen nas prácticas curriculares. Tampouco se admite, nesta convocatoria, o pago fraccionado da matrícula.

A UNED é a maior universidad de España cos seus máis de 200.000 matrículas de media nos últimos anos e co maior campus de Europa, con 61 sedes distribuidas por toda a península e as illas e 15 sedes internacionais ubicadas en catro dos 5 continentes. A súa metodoloxía combinada de formación online e semipresencial dotaa de valores engadidos en innovación, calidade e capacidade de adaptación da súa oferta ás necesidades dos e das estudantes.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es