Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Máis de 800 cursos para seguir crecendo 

7 de septiembre de 2022

A UNED abre o prazo de matrícula para os seus máis de 800 cursos de Formación Permanente deseñados de modo que se podan facer tanto si se ten formación universitaria como si non. 

OURENSE, 7 de setembro de 2022. A UNED abre o prazo de matriculación para os cursos de Formación Permanente. O seu obxectivo é manter a aprendizaxe ao longo da vida, mellorar os coñecementos, as aptitudes e a capacitación das persoas. Conta con máis de 800 títulos cos que a universidade resposta ás necesidades formativas das persons, así como ás esixenzas dos diferentes sectores que requiren de profesionais con coñecementos en novas disciplinas.

O periodo de matriculación para os títulos de Formación Permanente estará aberto desde hoxe e ata o 30 de novembro de 2022. Son máis de 800 títulos agrupados en dous grandes bloques (Postgrao e Desenvolvemento Profesional e Persoal), en función de si se conta ou non cunha titulación universitaria previa. Os cursos tamén poden estudarse en estrutura modular, é decir, que se trata de unha formación aberta e progresista. Aberta porque o estudante elixe o itinerario a seguir dentro do programa escollido, e progresista porque permite ir acreditándose por módulos e ter acceso a titulacións superiores.

Os títulos enmarcados dentro dos programas de formación permanente, cúrsanse principalmente en modalidade en liña, anque dependiendo da especialidade escollida tambén están dispoñibles en modalidade semipresencial. Impártense de decembro a maio e dan lugar a un Título Propio da UNED, así como ao recoñecemento dos créditos ECTS a que equivalga cada un deles.  

Dentro da oferta de Formación Permanente, é posible cursar formacións englobadas dentro das seguintes disciplinas: Ciencias, Enxeñería e Arquitectura, Ciencias Xurídicas e Administración Pública, Ciencias Sociais, Relacións Laborais e Cooperación, Economía e Xestión Empresarial, Educación, Humanidades e Artes, Informática, Linguas, Psicoloxía, Saúde, e Seguridade e Defensa.

Con estes títulos, a UNED impulsa a aprendizaxe ao longo da vida, que se basea na premisa de que a aprendizaxe non está confinada a un periodo específico da mesma, e permite que as personas podan acceder a formacións concretas para ampliar e actualizar o seu coñecemento, así como reorientar a súa vida laboral.

 

UNED Ourense

Comunicación          

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es