Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"¿Qué é a UNED?" chega á vila de A Rúa para amosar a Universidade aos concellos do oriente ourensán 

17 de septiembre de 2019

O acto de presentación será o día 26 de setembro, ás 20.00 horas, no Cine Avenida da vila valdeorresa, con entrada libre 

OURENSE, 17 de setembro de 2019.-O programa Que é a UNED? chegará a Valdeorras, Trives e O Bolo o próximo día 26 de setembro, cun acto para dar a coñecer a Universidade Nacional de Educación a Distancia no oriente ourensán. A cita fixouse para as oito da tarde, no Cinema Avenida da Rúa. O acto é posible grazas á colaboración do Concello da Rúa, que facilita o local e os medios tecnolóxicos, e tamén de todos os concellos das comarcas citadas. 

Na sesión intervirá o representante da presidencia da Xunta Reitora da UNED en Ourense, Rosendo Luis Fernández Fernández; o director do Centro Asociado á UNED en Ourense-Aula Universitaria da Rúa, Jesús Manuel García Díaz, o alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández López e os egresados da UNED, Dominica Murias Borrajo e Diego González Álvarez, ambolosdous graduados en Dereito. Tamén acudirá a secretaria do Centro Asociado, María Concepción Álvarez Gómez. Foron convidados todos os alcaldes da zona así como os seus veciños. E os directores dos institutos. 

A primeira zona xeográfica da provincia de Ourense que tivo instalacións da UNED foi a oriental. Neste proxecto considerado de interese vital para esa zona empezouse a traballar no ano 1989, data do informe titulado Centro Asociado da UNED na Galicia Suroriental, promovido pola Asociación Cultural de Valdeorras. Tras a análise xeográfica e económica da zona mencionábase situar en centro no colexio diocesán Pablo VI. No devandito documento incluíase como concellos para ese futuro centro os de Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa, O Barco, O Bolo, Folgoso do Caurel; A Gudiña, A Mezquita, A Veiga, A Rúa, Larouco, Manzaneda, Monforte de Lemos, Petín, A Pobra de Trives, Proba de Brollón; Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, Rubiá, Viana do Bolo, Vilamartín e Vilariño de Conso. Naquela época todos estes municipios sumaban 102.106 habitantes e contaban con 1.162 núcleos de poboación. 

Aquel primeiro centro tivo como impulsor ao director do colexio Pablo VI, o crego Zacarías Fernández, que conseguiu os apoios necesarios para abrir as devanditas instalacións. Naquel primeiro curso de 1990 rexistrou 70 alumnos. Quince anos despois, a UNED valdeorresa situouse no colexio Manuel Respino. O centro pasou a ser unha extensión que dependía do Centro Asociado á UNED en Ponferrada, ata que entrou en servizo o Centro Asociado á UNED en Ourense, en 1992. Así quedou fixada a estrutura da Universidade Nacional de Educación a Distancia en Ourense, cun Centro Asociado na capital, no que se acha todo o aparello administrativo, educativo e de dirección, e a aula da Rúa, onde se desenvolven titorías, ademais de celebrarse cursos de extensión universitaria.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es