Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Á vida plena pola meditación autóxena

16 de octubre de 2024

A UNED celebra esta fin de semana en Ribadavia un segundo curso de meditación para seguir afondando nas bases teóricas do entrenamento autóxeno desenvolvido por J. Schultz.

OURENSE, 16 de outubro. Volve o curso de Meditación autóxena. Cara a unha vida plena, na súa segunda parte. Tanto foi o interese espertado na primeira, que os participantes quedaron con ganas de saber máis. Celebrarase os días 19 e 20 de outubro no salón da Casa da Cultura en Ribadavia. Neste obradoiro teórico/práctico continuarase expoñendo as bases teóricas do adestramento autóxeno, desenvolto a principios do século XX por J. Schultz e hoxe entendido como un estilo meditativo. Avanzaremos os coñecementos e a práctica ata abrangar o adestramento completo, ampliándose coas fórmulas específicas de cambio persoal psicofísico. A meditación autóxena mobiliza os mecanismos autorregulatorios do corpo para a recuperación da desregulación neuropsicolóxica que acompaña ao estrés, e facilitar o seu óptimo funcionamento. Constitúe unha forma de meditación laica, fácil de aprender, sendo na actualidade uno dos estilos meditativos máis demandados. Son en total 10 horas lectivas que dan lugar a 0,5 créditos ECTS. A docente é Blanca Mais Hesse, profesora do Departamento da Psicoloxía da Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, na Facultade de Psicoloxía da UNED.

O programa para desenvolver durante a fin de semana é o seguinte: 

Sábado, 19 de outubro 

  • 09:00-11:30 h. Parte I: Entrega cuestionarios. Práctica ciclo básico. Repaso ciclo básico 11:30-14:00 h. Parte II: O adestramento autógeno: Fórmula do corazón. Fórmula coherencia cardíaca. Practica: Ciclo básico e corazón. A relaxación condicional. A relaxación aplicada. A relaxación diferencial. 
  • 17:00-19:30 h. Parte III: Práctica ciclo básico, corazón, e respiración. Fórmula da respiración. Fórmula plexo solar. O cerebro intestinal. 

 Domingo, 20 de outubro 

  • 10:00-12:30 h. Parte IV: Fórmula fronte. Práctica completa: as seis formulas. Fórmulas específicas de órgano. Fórmulas intencionales. Desenvolvemento do guion de adestramento. A relaxación como resposta holística. Vai dirixido a todas aquelas persoas que xa realizaron o primeiro taller, a aquelas que xa coñezan a técnica e queiran ampliar coñecementos e en especial practicalos e desde logo a cuantos buscan coñecer unha forma de reducir o seu estrés, ansiedade e ánimo triste, mellorando o seu estado emocional conseguindo un maior equilibrio e benestar que lles permita unha vida máis plena.

Vai dirixido a todas aquelas persoas que xa realizaron o primeiro obradoiro, a aquelas que xa coñezan a técnica e queiran ampliar coñecementos e en especial practicalos, e desde logo, a cantos buscan coñecer unha forma de reducir o estrés, ansiedade e ánimo triste, mellorando o seu estado emocional conseguindo un maior equilibrio e benestar que lles permita unha vida máis plena.

Inda hai prazas para quen desexe participar. Podes matricularte aquí

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es