Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de Admisión para 28 Graos e 11 Graos Combinados na UNED

18 de junio de 2020

A solicitude, online, pódese presentar do 18 xuño ata o 22 de outubro 

OURENSE, 18 de xuño de 2020.- A UNED, a maior universidade española por número de matrículas, con formación combinada online e semipresencial, abre o prazo de Admisión nos 28 Graos Universitarios Oficiais e os 11 Graos Combinados desde este 18 de xuño e recibirá as solicitudes ata o 22 de outubro. Todas as demandas xestiónanse a través de Internet. Unha vez formalizada a Admisión, o período de matrícula habilitarase o próximo 7 de xullo e permanecerá activo ata o 22 de outubro de 2020.

A solicitude de Admisión en calquera dos 28 Graos da UNED han de realizala: estudantes procedentes de EBAU, Selectividade, Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos, desde outra Universidade española; estudantes doutra Universidade española que desexen trasladar o seu expediente á UNED; e estudantes matriculados noutra Universidade española que queiran compaxinar estudos cun Grao na UNED.

Non é preciso xestionar a Admisión: para trasladar o seu expediente ou compaxinar estudos se xa é estudante da UNED; se superou as Probas de Acceso, o Acceso para maiores de 25 anos, acceso profesional ou laboral ou Acceso para maiores de 45 anos na UNED; se posúe un título de Bacharel anterior ao cursado segundo a lei 8/2013 do 9 de decembro (LOMCE); se posúe un título de Técnico Superior FP, Diplomatura, Licenciatura, Enxeñería Técnica, Enxeñería, Arquitectura Técnica, Arquitectura, Grao universitario) e non iniciou outros estudos nalgunha universidade española.

Todos os Graos

Admisión en Graos 

Graos Combinados 

Os 11 Graos Combinados non son un dobre grao, son dúas titulacións distintas e cada estudante deberá realizar os Traballos Fin de Grao, un por cada título. Trátase de combinar materias de estudos afíns e convalidables segundo esa afinidade. O prazo de Admisión é o mesmo que para os Graos, do 18 de xuño ao 22 de outubro e a xestión da solicitude, tamén online

Todos os Graos Combinados

Admisión en Graos Combinados 

Nas condicións de Admisión hai que ter en conta que só se debe presentar a titulación de acceso o primeiro ano de matriculación nun dos dous Graos e que unha vez rexistrada no expediente, a titulación de acceso é válida para o segundo Grao. Con todo, unha vez admitidos, o proceso de matriculación presenta diversas especificidades: cada estudante ha de matricularse en cada un dos dous Graos; basta que se matricule nunha materia do segundo Grao para estar xa admitido no mesmo; é preciso o recoñecemento de créditos, para o que han de consultar as táboas de convalidación que publican as Facultades/Escolas; e non é necesario pagar as materias recoñecidas. Ao final de cada un dos 11 Graos Combinados obtéñense dous títulos, non un dobre.

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2024-2025Accede
BibliotecaAccede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es