OURENSE, 19 de maio de 2020.- O Plan de Apoio ao Estudante posto en marcha polo Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento da Universidade Nacional de Educación a Distancia recolle unha serie de recursos organizados en catro bloques: Informándonos, Planificándonos, Evaluándonos e Cuidándonos. O obxectivo é axudar aos estudantes UNED a localizar toda a información relativa ao sistema de evaluación, e tamén lles proporcionar técnicas de estudo e preparación de exames. Nesta páxina web, tamén se poderá atopar ferramentas para o control da ansiedade e o estrés cara á realización dos exames e, en xeral consellos para o cuidado psicolóxico, mental e físico.
Sonia Cubillo
Comunicación UNED