OURENSE, 15 de abril de 2020.-O Ministerio de Universidades, no seu Informe de iniciativas e ferramentas de avaliación online universitaria no contexto do Covid-19, destaca, na modalidade de test online, á UNED no caso español. Menciona a web http://www.dicub.es/p34/test- online. aspx, España, que permite deseñar exames de tipo test a través de internet. A súa versatilidade permite que o responsable docente decida se cada estudante debe examinarse baixo a súa supervisión ou pode facelo autónomamente. As preguntas escóllense aleatoriamente de entre as que preparou o equipo docente, polo que cada estudante realiza un exame distinto. Este sistema é utilizado nos cursos de UNED Aberta. A UNED dispón doutros desenvolvementos para exames de tipo test, de preguntas curtas e mixtos. Precisamente vanse probar este xoves, día 16, cunha ampla mostra de alumnos de grao e mestrado.
Este informe ministerial pretende ser unha guía ilustrativa sobre diversas actuacións e tecnoloxías que poden ser útiles para afrontar as dificultades da avaliación académica debido á crise da Covid-19. En primeiro lugar, e tras contextualizar o problema, enumera algunhas das iniciativas que, no contexto internacional, están a tomarse desde diferentes gobernos en materia de Educación Superior. Obsérvase como, de maneira unánime, as actuacións están concibidas para garantir a flexibilización na súa execución, a facilitación ao alumnado en toda a casuística de obstáculos e inconvenientes xerados pola restrición da mobilidade, e o deseño de probas alternativas ás tradicionais para poder realizar unha supervisión con garantías. A continuación, móstrase unha tipoloxía de probas de avaliación compatibles coas condicións de confinamento actual (cuestionarios online, exames orais e entrega de traballos), xunto á que acompañamos dunha guía de procedementos para controlar a autoría nos exames e unha lista de tecnoloxías dispoñibles para a súa implementación