OURENSE, 11 de febreiro de 2020.- O día 10 de febreiro o alumnado da UNED Senior de Ourense realizou unha visita guiada á exposición de Santomé situada no edificio da Fundación de Abanca en Praza Maior de Ourense. Foi unha acctividad levada a cabo pola titora Josefina Pato na materia “Galicia a través dos medios audiovisuais” .
En primeiro lugar visualizaron o vídeo sobre a situación do xacemento arqueolóxico de Santomé e recibiron explicación dos símbolos castrexos. Despois viron a zona dedicada á vida na aldea, coñecendo a casa e nela, as tellas, o sistema de calefacción, a vaixela e unha vasilla xigante para o almacenamento sobre todo de aceite (quizais tamén de gran), cuxo tamaño e número destas vasixas indicaban o poder económico de cada unidade familiar. Igualmente coñeceron o sistema de iluminación: lámpadas de aceite fabricadas en vidro e os medios de vida para o sustento das familias:
Agricultura baseada fundamentalmente en cereais e hortalizas
Gandería sobre todo vacúa e equina
Pesca con métodos moi adecuados ao lugar da actividade (Río Loña)
Artesanía: téxtil, oleira, metal (nesta destaca a fabricación de adornos)
Os alumnos da UNED Senior de Ourense puideron coñecer tamén a filosofía de vida dos poboadores de Santomé: Relixión: influencia romana que se albisca nas aras dedicadas a deuses romanosnas que auguraban o futuro; amuletos e xogos (algún semella ao actual xogo de damas)
A escritura en táboas cerámicas que cubrían con cera para evitar a súa falsificación tamén se exhibe nesta importante exposición, así como a medicina e hixiene, pois parece que aqueles poboadores coidaban a súa saúde, o que se demostra con varios achados de instrumentos, por exemplo sondas para extracción de sangue.
A visita finalizou a as 19,30 horas cun vídeo no que se lles mostrou unha reconstrución ideal da aldea nos seus mellores tempos. Os alumnos gozaron desta saída cultural para coñecer as propias raíces.