Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Campus Noroeste da UNED celebra un curso sobre testemuñas artísticas e documentais do Camiño de Santiago

13 de diciembre de 2019

Ourense aporta unha conferencia da profesora Yolanda Barriocanal titulada: Fontes para o estudo do trazado e territorio histórico do Camiño de Santiago, Via da Prata  

OURENSE, 13 de decembro de 2019.- O Campus Noroeste da UNED, ao que pertencen todos os centros asociados de Galicia, Asturias, Castela-León e Estremadura, está a celebrar, ata o próximo mes de febreiro de 2020, un curso sobre o Camiño de Santiago, baixo o título: Os camiños a Santiago na Idade Media: testemuños artísticos e documentais, tema que a todos eles toca polas zonas nas que se sitúan. Este curso, que se pode seguir de maneira presencial no centro onde ten lugar cada conferencia, ou por streaming, vai dirixido a estudantes do grao en Historia da arte e en Xeografía e Historia, profesores de ensino secundario nestas materias e persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a arte románica e gótica.

Baixo a organización de Enrique Gallego Lázaro, coordinador de Extensión Universitaria no Campus Noroeste da UNED, os relatores son: Inés  Monteira Arias, profesora titular de Historia da arte na UNED, os historiadores José Manuel Rodríguez Montañés, Miguel Alba Calzado e Aida Sara Vitoria  Menéndez. Tamén interveñen neste ciclo Miguel  Larrañaga Zulueta, vicerreitor da IE  University;  Yolanda  Barriocanal López, profesora titular de Historia da arte na  Uvigo; ademais dos tamén historiadores José Luis Hernando Garrido, Sandra de Arriba Canteiro e Israel Sanmartín Barros.

No caso ourensán, a cita fixouse para o 5 de febreiro, ás 19.00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Alí, Yolanda  Barriocanal expoñerá a súa conferencia titulada: Fuentes para o estudo do trazado e territorio  historico do camiño de Santiago, Via da Prata.

Este ciclo comezou o 29 de outubro e terminará o 27 de febreiro de 2020. As sesións que faltan por celebrar terán lugar o 13, 16 e 20 de xaneiro, e o 5 e 27 de febreiro. Os centros asociados que participan neste proxecto son os seguintes:  Asturias, A Coruña, Lugo, Mérida, Ourense, Palencia, Ponferrada, Pontevedra, Segovia e Zamora.

Polo momento estas son as ligazóns ás conferencias que foron dadas en outubro e novembro:

Martes, 29 de outubro de 2019

Una introducción al Camino jacobeo: imagen y leyenda de Santiago el Mayor. Conferencia inaugural en el Centro Asociado a la UNED en Segovia por Inés Monteira Arias Profesora Titular de Historia del Arte en la UNED.

Martes, 12 de outubro de 2019

Huellas jacobeas en la provincia de León. Conferencia en el aula UNED de La Bañeza (León) por el historiador José Manuel Rodríguez Montañés 

Luns, 25 de novembro de 2019 

Mérida y la Ciudad de Dios (un hito singular en el camino mozárabe a Santiago). Conferencia en el Centro Asociado a la UNED en Mérida por Miguel Alba Calzado Doctor en Arqueología - Consorcio Ciudad Monumental de Mérida. 

Web: http://extension.uned.es/actividad/20918  

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es