Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O curso de viticultura da UNED en Valdeorras convoca a un maior número de matriculados xóvenes

24 de noviembre de 2019

As sesións comezaron esta última fin de semana e prolongaranse ata o 9 de maio 

OURENSE, 24 de novembro de 2019.- Na nosa Aula Universitaria na Rúa está a celebrarse non sen éxito e interese a terceira edición do curso de viticultura que consta de sesións que seguirán desenvolvéndose ao longo de fins de semana ata o 9 de maio. Consta de 25 horas presenciais e chama a atención a presenza de alumnos novos que asisten desde lugares tan dispares como Ponferrada, a Ribeira Sacra, Valdeorras e outros puntos de Galicia. Esta cita da UNED que se mantén na comarca valdeorresa, onde radica unha das catro denominacións presentes na provincia de Ourense, ten moito pulo por parte da sociedade. Nesta ocasión matriculáronse soamente novos alumnos, a pesar de que houbo xente que xa o fixo pero quería repetir. Tal é o interese que este tema esperta cada ano.

O pasado venres interviñeron os enxeñeiros agrícolas Ricardo Dobao Macía e Enrique Santiago Pérez Espiño, para tratar achega do mantemento do chan e a súa fertilización,  emiendas, estudo, preparación e coidado. E na xornada do sábado, os mesmos profesionais falaron aos alumnos sobre os tipos e elección de variedades así como as clases de  portainxertos.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es