OURENSE, 14 de novembro de 2019.- Aziz Mesaoudi participará esta fin de semana no curso que sobe violencia de xénero celebrarase na Casa da Cultura de Xinzo de Limia do 15 ao 23 de novembro baixo a organización da UNED. Consta de 25 horas lectivas e un crédito ECTS. Este profesional preside a Federación Islámica do País Vasco (FIVASCO), que é unha entidade relixiosa sen ánimo de lucro. Actualmente o seu traballo circunscríbese a Euskadi. Isto non impediu colaboracións con outras federacións noutros puntos de España, como a Federación Española de Entidades Relixiosas de España (FEERI).
-Que ámbitos tocan en FIVASCO?
-Tratamos diferentes eidos como, por exemplo: o relixioso: tamén podemos chamarlle como Asuntos internos da comunidade musulmá. Neste ámbito o que facemos reunións coa comunidade musulmá en Euskadi en sesións ordinarias ou extraordinaria para debater os asuntos da comunidade musulmá. Tamén facemos formacións de imames, profesores da relixión islámica e de Árabe. Logo temos outra área como é a institucional, pois a nosa federación está presente en diferentes institucións, por exemplo a Mesa do Diálogo Interrelixioso e institucións do goberno vasco. Tamén asumimos o labor de representar á comunidade musulmá ante as administracións públicas. En terceiro lugar FIVASCO móvese tamén no terreo social, organizando congresos, xornadas de portas abertas nas mesquitas, participación en festas locais e un longo etcétera.
-Como está a integración da muller musulmá na sociedade española?
-En xeral, ben, comparada con outros países veciños. Pero aínda nos queda moito por traballar e a diferentes nivel para lograr unha inclusión total da mulleres na nosa sociedade.
-Cantas mulleres teñen na asociación?
-Actualmente podemos falar do 30%, e esperemos que sexan máis en futuro próximo.
-Como traballan con elas? Que proxectos desenvolven?
-Depende dos proxectos traballamos dunha maneira ou outra. Por exemplo en proxectos dirixidos só a mulleres o que adoitamos facer apoiarlles, axudarlles no que podamos. Pero en proxectos que non están especificados adoitamos traballar xuntos de xeito conxunto sen ningunha discriminación por ningunha parte.
-Como se ven mutuamente a muller musulmá e a non musulmá?
-Na sociedade hai de todo. Hai mulleres que se ven como iguais, que gozan dos mesmos dereitos e deberes, e outras que consideran que a muller musulmá é unha ameaza aos principios da sociedade occidental.
-Teñen programas de acción en escolas?
-Programas non, pero si que colaboramos con algunhas escolas para romper estereotipos sobre a relixión islámica e fomentar a convivencia entre os cidadáns. A nivel interno si que temos programas escolares para ensinar a relixión e o idioma árabe aos fillos e fillas dos musulmáns
-Notan desde a súa federación que a secuela da violencia de xénero está presente tanto na familia musulmá como na que non o é?
-A violencia de xénero, por desgraza, está presente en todas as culturas, e o noso labor é traballar o tema entre todos sen demonizar a ningunha parte. Si que a muller sofre máis que o home, pero iso non significa que debamos enfrontarnos un ao outro.
-Canto tempo leva traballando nisto, Aziz?
-Levo como voluntario neste ámbito desde o 2007. Para min é unha gran honra facer algo á sociedade española en xeral e á comunidade islámica en especial. Empecei como imán no 2007 en Cartaxena, e agora son un membro dunha comisión asesora do goberno vasco.