OURENSE, 25 de outubro de 2019.- Arrancou esta mañá en Ourense a sexta edición do Curso O Novo protocolo para os novos tempos, nesta ocasión dedicado á linguaxe vexilológico, é dicir, ás bandeiras e o seu protocolo. Está a celebrarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel baixo organización da UNED co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e a colaboración da Asociación Española de Protocolo, a Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia, a Sociedade Española de Vexilología, o Liceo e Novo Cándido Hotel.
O curso foi inaugurado polo director do Centro Asociado á UNED en Ourense-Aula Universitaria de Valdeorras, Jesús Manuel García Díaz, que tamén o é do curso, e que estivo acompañado polo coordinador, Juan José Feijoo Sánchez. García destacou que entre os varios cursos de extensión universitaria que organiza a UNED en Ourense non pode faltar este de protocolo “porque nos parece fundamental dado que o protocolo é organización. Un profesional do protocolo ha de evitar crear conflitos entre persoas, institucións, países… De aí a importancia de colocar ben as bandeiras, que teñen unhas normas oficiais nas que non podemos fallar. É inconcibible ver bandeiras en fachadas mal colocadas, ou en actos varios. Cumprir ben o protocolo é síntoma de orde, elegancia, limpeza”. O director animou aos participantes a que gocen cos contidos deste curso de extensión.
Ao longo do día de hoxe o programa céntrase nos usos correctos e incorrectos das bandeiras, cuxo relator é Feijoo Sánchez. Cristina Rey Vázquez fala do loito na bandeira, explicando a interpretación correcta dunha práctica non regulada. Para a tarde está prevista un relatorio sobre as bandeiras nas administracións locais: nas deputacións e nos concellos, a cargo de Rafael Vidal Gómez de Travesedo, presidente da Asociación de Técnicos de Protocolo e Relacións Institucionais de Galicia. E o presidente da Asociación Española de Vexilología, José Carlos Alegría, falará do protocolo das bandeiras náuticas.
A sesión do sábado, 26 de outubro, estará centrada, pola mañá, nas bandeiras, banderines e guións no Corpo da Policía Nacional, a cargo de Luís García Mañá, comisario principal honorario e académico correspondente da Real Academia Galega. Outro relator, Rafael Álvarez Rodríguez, vexilólogo, disertará sobre a bandeira de España coa súa linguaxe vexilológico e o seu protocolo ao longo do tempo. Xa pola tarde Enrique Anxo Costas Rodal, xefe da Oficina de Comunicación da Forza Loxística Operativa do Exército de Terra, mostrará o protocolo da vexilología nas Forzas Armadas de España. Pechará o programa o presidente da Asociación Española de protocolo, Juan Anxo Gato Gómez, falando acerca das bandeiras nas competicións deportivas.