OURENSE, 21 de outubro de 2019.- Comezou a impartirse no Centro Asociado á UNED en Ourense un curso sobre Python, a linguaxe de programación máis popular, multiparadigma e multiplataforma, totalmente de código aberto, empregado para desenvolver xogos, aplicacións financeiras, tamén no ámbito científico, no desenvolvemento de software, etc.
Python é unha linguaxe que utilizan as grandes empresas tecnolóxicas, Google, Youtube, Spotify... Destaca o seu emprego en seguridade informática así como medio de programación en computación cuántica. O curso é impartido por Luís Alberto López Alvar, experto en seguridade informática. Desenvolverase cada venres tarde e sábados de mañá ata finais de novembro. Consta de 25 horas. Está fixado, como continuación, un segundo curso de Python aplicado á seguridade, que terá lugar durante o segundo cuadrimestre.