Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED comeza esta fin de semana dous cursos de iniciación e superior en dirección de bandas de música  

3 de octubre de 2019

Para estas iniciativas matriculáronse 26 alumnos procedentes de España e Portugal    

OURENSE, 3 de outubro de 2019.-Este venres, día 4, comeza a terceira edición do curso de iniciación á dirección de Banda de Música que organiza a UNED. O obxectivo é pretende dar resposta a unha demanda da sociedade musical española producida pola gran controversia ao non existir ningunha titulación académica nos conservatorios españois que consiga dar unha formación específica ao itinerario formativo da Dirección musical de Banda, a pesar da importante actividade neste campo que existe no noso país. O curso, seguindo a filosofía das dúas edicións anteriores, engloba as técnicas de estudo, análise e orquestración con diferentes profesores especialistas de renome nacional e internacional. Matriculáronse 13 alumnos, dos que doce son de Galicia e un de Portugal. Esta é a súa ligazón: 

http://extension.uned.es/actividad/19903&codigo=ICSDD 

 

E o día 5, sábado, comezará outro curso, o terceiro do ciclo formativo de dirección de banda de música (iniciación e perfeccionamento). Con este curso superior (que inclúe un módulo de formación de psicoloxía e música) os participantes adquiren unha formación práctica e teórica no ámbito da dirección musical e na xestión de equipos. Nesta iniciativa inscribíronse 13 persoas, doce de Galicia, unha de Ávila e outra de Portugal. Deixámosvos a ligazón con todos os datos do curso. http://extension.uned.es/actividad/19919& codigo= ICDIA

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es