Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense súmase á campaña solidaria "Equinoterapia para Alexia"

25 de septiembre de 2019

Coa recollida de tapóns a nena ourensá terá seis meses de terapia debido á súa parálise cerebral infantil bilateral

OURENSE, 25 de setembro de 2019.-O Centro Asociado á UNED en Ourense é sensible á solidariedade humana e por iso a dirección decidiu sumarse de novo a outra nova campaña de recollida de tapóns de plástico co obxectivo de facilitar sesións de equinoterapia para un bebé de 25 meses chamado Alexia. Trátase dunha criatura de Ourense que padece parálise cerebral infantil bilateral. Se se lle aplican as sesións de equinoterapia, poderá mellorar a súa psicomotricidade, estimular os sentidos, mellorar o equilibrio e fortalecer o tren inferior. A campaña promóvea a Fundación Amigos de Galicia. Con esta acción solidaria o bebé poderá ter a súa terapia durante seis meses. Desde este momento é posible para toda a comunidade universitaria de UNED así como calquera veciño que se achegue ao Centro Asociado, depositar os tapóns nunha caixa destinada para ese efecto no vestíbulo.

Tras un embarazo de alto risco, Alexia López naceu o 23 de xullo de 2017 tras un parto sen complicacións. Non serán ata cinco meses de vida cando comezan a detectar que a nena non se desenvolve con normalidade. Despois de moitas probas médicas, a pequena é diagnosticada de parálise cerebral infantil bilateral tipo espástica; para o que precisa varias terapias médicas para poder mellorar a súa calidade de vida.

 Dado que a familia non pode asumir as terapias que necesita, feito constatado tras un informe social elaborado pola entidade, a Fundación Amigos de Galicia farase cargo das sesións de equinoterapia para a nena; para o que levará a cabo unha campaña de recollida de tapóns de plástico.

 Para pagar este tratamento durante seis meses, será necesario recoller 4.247 quilos de tapóns, para o que se espera unha boa acollida por parte da cidadanía. 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es