Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A comunidade senegalesa de Ourense coñecerá este venres as posibilidades que lle ofrece a UNED

11 de junio de 2019

O programa Que é a UNED? desenvolñverase no salón de actos do Centro Asociado ás 19.30 horas

OURENSE, 11 de xuño de 2019.- O programa informativo Que é a UNED volve poñerse en marcha en Ourense, esta vez, para mostrar as posibilidades que ofrece a Universidade máis grande de España á comunidade senegalesa de Ourense. O acto celebrarase este venres, día 14 de xuño, ás sete e media da tarde, no salón de actos do Centro Asociado á UNED Na cidade das Burgas. Os asistentes serán recibidos polo director do Centro, Jesús Manuel García, quen se dirixirá a eles no salón para facer a presentación institucional da UNED. Con el estará o técnico de Formación e Actividades Culturais, Luís  Gulín.

Os senegaleses afincados en Ourense queren coñecer os modos de acceso á UNED, para maiores de 25, 40 e 45 anos, tamén o Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID) e igualmente, informarse dos graos e másteres que ofrece esta universidade nacional.

A UNED levou a cabo, no último curso académico, tres acción informativas na provincia, ata agora con cidadáns venezoláns. Celebrou unha no Carballiño, a segunda en Celanova e a terceira en Ourense. Estes encontros son desexados e, por tanto, agradecidos por estas comunidades, pois moitos dos seus membros veñen con estudos medios ou superiores terminados no seu país de orixe e queren seguir formándose.

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es