Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Os 110 alumnos da UNED Senior clausuran o curso cunha conferencia sobre a historia da praza de San Martiño de Ourense

6 de junio de 2019

O director do Centro Asociado achegaralles o día 12 un relato cuxo comezo documental se ubica no ano 1926

OURENSE, 6 de xuño de 2019.-Os alumnos da UNED Senior de Ourense celebrarán o seu acto de clausura do curso académico o día 12, a partir das 18.30 horas, no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación Provincial de Ourense. Con eles estarán a coordinadora da UNED Senior, María Concepción Álvarez, e o director do Centro Asociado á UNED en Ourense, Jesús Manuel García. Tras as palabras de benvida e antes da entrega de diplomas, os asistentes terán unha conferencia que lles ofrecerá o director da UNED, e que versará sobre a historia da Praza de San Martiño, espazo situado fronte á catedral ourensá. García é o ourensán que investigou o devir da devandita praza, que foi publicado nunha monografía científica recente. A este acto pode acudir todo aquel que o desexe.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es