Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Jesús Manuel García sinala que a depuración docente en A Coruña desminte "aportacións simplistas sobre unha xigantesca e unánime purga do maxisterio republicano"

8 de mayo de 2019

O director da UNED de Ourense foi convidado a disertar no salón de actos do Centro Asociado da cidade herculina

OURENSE, 8 de maio de 2019.-O salón de actos do Centro Asociado á UNED na Coruña, acolleu na tarde do pasado martes, día 7, unha conferencia de Jesús Manuel García Díaz, director do  Centro Asociado de Ourense, sobre Matar un soño: a depuración dos mestres nacionais da provincia da Coruña durante o franquismo, 1936-1945. O acto foi seguido por numerosas persoas tanto desde o propio salón como desde a súa casa, pois se transmitiu por Internet. O relator resumiu o extenso traballo por el realizado durante catro anos, centrado na provincia coruñesa. Dixo que no municipio da capital foron depurados administrativamente 190 mestres, deles resultaron sancionados 15 homes, 6 mulleres mentres que 99 mestras foron absoltas e o mesmo sucedeu con 70 docentes masculinos. García expuxo todos os detalles relativos ao proceso de purga, que nesta provincia levou a cabo con 2.061 docentes, dos que se conserva documentación, dun total de 2.184 mestres localizados.

Insistiu o conferenciante na necesidade de coñecer estes feitos da nosa historia contemporánea “para que non se repitan nunca máis”. Mostrou aos asistentes varios informes que sobre os mestres fixeron os comandantes da Garda Civil, os alcaldes, os párrocos, os pais de familia de bos costumes, entre outras instancias informantes. É neses documentos onde o público púidose facer unha idea do ton no que se expresaban para dar conta á autoridade de todos e cada un dos mestres coruñeses. Como o resultado depurador neste territorio do noroeste español  dá un saldo dun 79% de mestres absoltos fronte a un 21% de castigados, polo que esta investigación, dixo o doutor García, “desmente cantas achegas  simplistas aluden a unha xigantesca e unánime purga do maxisterio republicano sen ter en conta as cifras reais de absoltos e castigados, e a entidade das sancións impostas. E outro tanto habería que dicir daquelas que, centradas exclusivamente no número de absoltos, sitúanse no extremo contrario”.

Jesús Manuel García foi presentado por Laura Sánchez Pérez, coordinadora de Extensión Universitaria da UNED/UNED na Coruña.  O público sorprendeuse da riqueza de datos que a esta investigación achega a base creada para levala a cabo, con preto de 330.000 datos.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es