Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED participou un ano máis no Circuito das Porfesións celebrado no colexio Pablo VI de A Rúa

24 de abril de 2019

Os estudantes valdeorreses coñeceron a oferta académica da Universidade pública española con máis alumnos

OURENSE, 24 de abril de 2019.-Dentro da semana cultural que organizan todos os anos no colexio diocesano Pablo VI da Rúa, a  UNED presentou  a súa oferta de graos universitarios a todos os estudantes interesados. Esta actividade desenvólvese ademais dos cursos de formación que se realizan no centro valdeorrés durante todo o ano. A Universidade Nacional de Educación a Distancia, cuxos primeiros pasos en Ourense deunos precisamente nunha zona de aulas e despachos habilitada en 1991 neste mesmo colexio da diocese de Astorga, quere darse a coñecer nas comunidades estudantís ante quenes o ano próximo van iniciar estudos superiores. Hoxe na vila ruesa hai un Aula Universitaria (ubicada no colexio público Manuel Respino), integrada no Centro Asociado á UNED en Ourense.

Xunto coa  UNED, os alumnos compartiron xornada coa Universidade Europea, o IES  Xermán  Ancochea Quevedo, a Universidade de Navarra, as Forzas Armadas, e demais entidades, achegando aos estudantes a súa oferta formativa e saídas profesionais.

A xornada comezou ás 11:30 h cos alumnos da ESO e Bacharelato do Colexio Pablo VI da Rúa, para continuar despois coa visita dos alumnos da ESO e Bacharelato do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras, tamén convidados polo departamento de Orientación do colexio diocesano rues.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es