OURENSE, 26 de febreiro de 2019.- Co gallo do Entroido, a festa máis potente da provincia de Ourense, tan recoñecida nacional e internacionalmente, o Centro Asociado á UNED en Ourense-Aula Universitaria de A Rúa, pechará durante o luns 4 e o martes 5 de marzo. Con esta imaxe dos Peliqueiros de Matamá, Laza, cortesía de José Rodríguez Cruz, desexamos que gocedes ben da troula entroideira como descanso a tanto traballo intelectual.