Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A arqueóloga e profesora tutora da UNED Beatriz Comendador falou en Portugal sobre tesouros, encantos e topografías simbólicas

25 de febrero de 2019

A cita estivo nunha reunión científica no Porto organizada polo Centro de Investigação Transdisciplinar Cultura, Espaço e Memória

OURENSE, 25 de febreiro de 2019. A arqueóloga profesora titora da UNED en Ourense, e profesora tamén da Uvigo, doutora Beatriz Comendador Rey, acaba de participar no Ciclo de Oficinas de Investigación do CITEM celebrado na portuguesa cidade do Porto. A reunión científica tivo lugar a pasada fin de semana e profesora da UNED interveu para falar sobre Tesouros e encantos e topografías simbólicas: a antropoloxía como vía metodolóxica. Comendador Rey é unha experta en metalurxia antiga, pois no 1997 doutorouse cuha tese sobre os inicios metalúrxicos no Noroeste Peninsular. Di que no estudo da metalurxia  prevaleceu o punto de vista arqueolóxico, sobre todo o tipolóxico ou arqueométrico, sobre outros tipos de aproximación. Segundo doutóra aqueóloga, “este tratamento do metal, xerou un certo desarraigamento na súa lugar de orixe e illamento doutras manifestacións culturais”. A crenza en tesouros escondidos, sinala a profesora, é unha característica etnográfica moi asentada nun gran número de culturas. “Ou mundo mitolóxico establece unha relación entre as paisaxes aéreas e ou mundo subterráneo”, indica Comendador, para engadir que a aplicación do enfoque antropolóxico permite integrar así como enriquecer “ as dimensións tanto dá súa investigación como a súa difusión e socialización na sociedade actual”. 

 Ademais de Beatriz Comendador inteviron durante a xornada Lois Ladra, arqueólogo e antropólogo galego, para disertar acerca da contribución da

 Antropoloxía para os estudos etnoarqueolóxicos en Portugal apoiándose en tres experiencias recentes. A tamén arqueóloga Alexandra Vieira falou dos vestixios arqueolóxicos, lendas e supersticions; Álvaro Campelo, antropólogo e profesor universitario portugués, doutorado na Sorbona, expuxo a tradición oral como metodoloxía de estudos dunha arqueoloxía da paisaxe. E a tamén portuguesa Lara Bacelar Alves, da Universidade de Coimbra, disertou achega da arte rupestre no Norte de Portugal desde unha abordaxe antropolóxica. 

O CITEM é o Centro de Investigação Transdisciplinar Cultura, Espaço e Memória», unha unidade de I+D para a investigación no campo das Humanidades, especialmente nas áreas de Historia, Arqueoloxía, Historia da arte, Estudos Culturais e Literarios, Museología, Demografía Histórica e Ciencias da Información.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es