OURENSE, 22 de decembro de 2018.- O director do Centro Asociado á UNED en Ourense-Aula de extensión da Rúa, Jesús Manuel García Díaz, acaba de ver publicada unha nova monografía, esta vez de Historia Contemporánea. La depuración del Magisterio nacional en la provincia da Coruña (1936-1945) acaba de ver a luz da man da Fundación Luís Tilve cuxa sede se acha en Santiago. Este libro, de máis de 500 páxinas, mostra como foi o proceso de depuración administrativa desenvolvido polo primeiro franquismo cos mestres das escolas rurais e urbanas da provincia coruñesa. O traballo de investigación de García permite coñecer o estado da historiografía sobre esta cuestión en toda España. Despois detense a estudar a escola republicana e a do franquismo, con todo detalle, engadindo numerosa documentación concreta da provincia estudada. Contén, ademais, iste libro, un amplo capítulo de análise dos datos obtidos no traballo de campo, permitindo coñecer co maior detalle a actividade realizada por todas e cada unha das instancias depuradoras, é dicir, a Autoridade Gubernativa Militar, o Reitorado, a Comisión Depuradora Provincial, a Comisión de Cultura e Ensino; a Comisión Superior Dictaminadora, a Oficina Técnico Administrativa, o Ministerio de Educación Nacional e o Xulgado Superior de Revisións.
O libro complétase con outro capítulo no que se analiza ao detalle o papel desempeñado polos denunciantes, estudando todos os informes que emitiron. Trátase dos que escribiron alcaldes, Garda Civil, párrocos, homes de bos costumes, Falanxe, mestres delatores, inspectores, particulares e colectivos de veciños mesmo.
Nesta investigación foron achados 2.180 mestres en total e analizáronse os 2.000 expedientes que se gardan no Arquivo Xeral da Administración, en Alcalá de Henares.
A metodoloxía empregada permitiu construír unha base de datos de gran riqueza, pois contén máis de 200.000 rexistros. O libro complétase cunha abundante bibliografía de máis de medio milleiro de obras. O libro está prologado polo historiador ourensán Julio Prada, que dirixiu a tese de García Díaz. Tamén hai sendos escritos de presentación asinados polo presidente da Deputación de A Coruña e pola propia editora, a Fundación Luis Tilve. O volume leva na súa portada unha interpretación da obra de Castelao, A derradeira lección do mestre.
A nova monografía científica do director da UNED en Ourense segue ao Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica que lle foi entregado a Jesús Manuel García Díaz o pasado día 20 de decembro en Santiago de Compostela. “Nestes tempos en que vivimos, convén chamar a atención dado que a devandita situación non é moi doada. Nela campea a posverdade, que por suposto, tamén afecta á historia. Temos, como dí Lucien febvre, que facer Historia na medida que é a única capaz de permitirnos vivir con reflexos distintos aos do medo, nun mundo en situación de inestabilidade definitiva. Porque a Historia comprende e fai comprender. Máis ca unha lección diaria é unha condición permanente de atmosfera. A Historia resposta as preguntas que ou home de hoxe fai necesariamente. Explicación de situacións complexas en cuxo ambiente ou home debatirase menos cegamente se coñece a súa orixe”.
O autor do libro parafraseou tamén, ao recibir o galardón, a Ferrán Sáez Mateu, cando sinala que hoxe existe a verdade oficial, “algo escuro e manipulado por toda clase de poderes na sombra. Ou culto á emoción apartou ou sacro respecto pola verdade. Na pantalla, onde moita xente pasamos tempo cada día, tras a súa superficie infinita aparece a tentación de escoller entre verdades, mesmo entre graos de verdades”. García terminou o seu discurso defendendo a loita contra “todo intento de escurecer vos feitos e combater as falsidades antes de que se infecten”, sinalou García.