Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A  UNED organiza un curso de  Mindfulness para profesionais da educación e da sanidade en Ourense

7 de diciembre de 2018

Consta de 18 plazas, ten interese sanitario e celebrarase  en xaneiro e febreiro de  2019

OURENSE, 7 de decembro de 2018.- O Centro Asociado á  UNED en Ourense organiza un novo curso de extensión universitaria de introdución ao  mindfulness (atención plena) para o seu uso en docentes e profesionais sociosanitarios. Terá lugar en xaneiro e febreiro de 2019. A actividade formativa é de 40 horas (24 presenciais e 16 horas de formación a distancia) que se desenvolverán en oito sesións de tres horas de duración, os martes de ambos os meses, en horario matinal de 10.00 a 13.00 horas, nas instalacións da delegación da Consellería de Sanidade situadas na  Avenida de Zamora, en Ourense.

Os obxectivos deste curso son: Coñecer o concepto e os efectos beneficiosos do  mindfulness, familiarizarse coas principais prácticas, aplicalas para o desenvolvemento persoal e tamén no tratamento con pacientes ou persoas ao seu cargo. Os participantes poderán traballar a mellora da integración no grupo e a convivencia laboral, ademais de reducir os custos sanitarios e as baixas laborais.

As prazas para participar son 18 e concederanse por rigorosa orde de matrícula. Esta ten un prazo ata o 20 de decembro, ou ao esgotarse as citadas prazas. O prezo da matrícula ordinaria é de 100 euros, os estudantes abonarán 80 euros. Quen pertenza a colexios profesionais pagarán 80 euros (deberán achegar certificado do colexio correspondente), en caso que concorra a situación de desemprego ou discapacidade, a matrícula será de 60 euros (achegando a documentación acreditativa correspondente).

Este curso foi declarado de interese sanitario pola Xunta de Galicia-Consellería de  Sanidade. O docente é José Manuel López López,  profesor titular de Ensino Secundario , así como da Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Coordinador do Seminario de Formación do Profesorado “Mindfulness na Escola” na EOI de Ourense. Relator do Seminario de Formación do Profesorado (Cefore Ourense); p rofesor asociado do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo. TamTamén da formación no  INGABAD e ten o Diploma de Estudos Avanzados (D.E.A.) con Suficiencia Investigadora pola Uvigo. Tamén é Licenciado en Filoloxía (Hispánica e Galego-Portuguesa) pola U.S.C. 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es