OURENSE, 6 de decembro de 2018.- No Centro Asociado á UNED en Ourense é posible colaborar coa xa popular Operación Quilo que en Ourense desenvólvese pola Asociación Xuvenil Amencer e que alcanza xa a súa 32 edición. No vestíbulo os usuarios do centro universitario teñen á súa disposición unha caixa na que, se o desexan, poden doar alimentos ou xoguetes. Conscientes de que é un xesto sinxelo pero importante, a dirección do Centro aceptou participar deste xeito na campaña do presente ano.
Na cidade de Ourense son numerosas as empresas, colectivos, establecementos comerciais, asociacións deportivas, centros educativos que se suman ano tras ano. Neste caso tamén se engade o Centro Asociado á UNED. Durante os próximos días estará dispoñible o contedor á vista de todos para facer cada un a súa doazón. Amencer sinala que con esta acción preténdese sensibilizar á sociedade sobre as necesidades de moitas familias empobrecidas da nosa contorna e recadar alimentos e xoguetes para entregarllos este Nadal. A experiencia, segundo sinala Amencer, foi positiva ano tras ano. E van 32.