Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED implícase un año máis na formación contra a violencia de xénero

9 de noviembre de 2018

O curso, que será en Barbadás os días 16,17; 23 e 24 de novembro, foi declarado de interese sanitario pola Xunta

OURENSE, 9 de novembro de 2018.- O Centro Asociado á  UNED de Ourense organiza unha nova edición do seu curso formativo contra a violencia de xénero. Despois das edicións celebradas na Rúa, Ribadavia e Carballiño, Barbadás será a nova sede de acollida do Curso de Extensión Universitaria: Violencias machistas: Aspectos socio-estruturais e intervención profesional.     

A violencia machista representa unha secuela social a nivel internacional mostrando dimensións intolerables. A análise en profundidade desta violación dos dereitos das mulleres ten por obxectivo que profesionais (na súa práctica diaria) e poboación en xeral, pronúnciense de maneira firme na defensa da dignidade, identidade e exercicio efectivo dos dereitos das mulleres.     

Por ese motivo a  UNED realiza unha actividade formativa de 25 horas lectivas presenciais que se vai desenvolver os días 16-17 e 23-24 de  noviembe no Centro Empresarial Transfronteirizo    (CET) de Barbadás. O curso está dirixido a educadores e traballadores sociais, pedagogos, profesionais do mundo do Dereito, persoal sanitario e xeriátrico, Forzas e Corpos de Seguridade, estudantes e interesados en xeral. A coordinación do curso correrá a cargo da técnica de igualdade do  Concello de Barbadás,  Maria González Armada e a docencia será impartida por Erma González Hevia, Psicóloga especialista en Psicoloxía Clínica, Legal e Forense. 

Este curso foi avalado pola Consellería de  Sanidade, declarándoo de interese sanitario e está homologado provisionalmente pola Academia  Galega de  Seguridade Pública.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es