Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A vicerreitora de Metodoloxía e Innovación inaugurará este mércores o curso da UNED en Ourense

23 de octubre de 2018

O solemne acto de apertura terá lugar ás 19.30 horas no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense

OURENSE, 23 de outubro de 2018.-O Centro Asociado á  UNED en Ourense e a súa Aula Universitaria da Rúa celebran o solemne acto de inauguración do curso académico 2018-2019 este mércores, día 24, ás 19.30 horas. Será no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense. Presidirá a sesión a vicerreitora de Metodoloxía e Innovación, Ana María García Serrano. Con ela estarán na mesa o vicepresidente da Deputación, Rosendo Luís Fernández Fernández, en representación do presidente da Deputación e do Padroado da  UNED, José Manuel Baltar. Tamén estará o vicepresidente do Padroado e alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad. Xunto a eles estarán igualmente a delegada  da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o director do Centro Asociado, Jesús Manuel García Díaz e asecretaria do devandito Centro, María Concepción Álvarez Gómez.

A lección maxistralimpartiraa o catedrático Jesús de Juana López, profesor titor da  UNED e, ata finais do ano 2017, director do Centro Asociado. De Juana disertará sobre Cousas de Ourense. O egresado  Arián González Pérez intervirá en representación de todos os alumnos que se graduaron no curso pasado. Neste acto non faltará a entrega de bandas e diplomas aos alumnos titulados. A nota musical poñeraa a  Capela Madrigalista, tras a cal, a vicerreitora inaugurará o curso académico da  UNED en Ourense, en nome do Reitor.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es