Convocado o IV Premio Literario UNED para Xóvenes Escritores
26 de noviembre de 2024
A Facultade de Filoloxía convoca este certame apoiando a creación literaria entre os estudantes de 4º de ESO e 1º de Bachalerato.
OURENSE, 26 de novembro de 2024. A UNED, a través da Facultade de Filoloxía e en colaboración co departamento de Actividades Culturais, fomenta e apoia a creación literaria entre os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato e convoca o IV Premio Literario da UNED de relato curto para novos escritores, dacordo cas seguintes bases:
- Poderán participar todos os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato ou equivalentes, cunha idade máxima de 18 anos cumpridos á data de entrega de orixinais; que sexan residentes en España ou estudantes de centros no estranxeiro con titularidade española e convenio coa UNED.
- A extensión dos relatos, que deberán estar escritos en castelán, non superará un máximo de 2.000 palabras e terá un mínimo de 1.000. O tema desta convocatoria terá que estar relacionado co transhumanismo e os cíborgs.
- As obras serán orixinais e inéditas e non serían premiadas con anterioridade noutro concurso, nin estarán presentadas a outro premio pendente de fallo. Así mesmo, non se aceptarán traballos nos que se utilizou Intelixencia Artificial. Para iso, deberá presentarse unha declaración xurada.
- Cada autor soamente poderá presentar unha obra. Os participantes deberán ter en conta o seguinte:
- Os relatos, asinados con pseudónimo, enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: premiojovenes@adm.uned.es
- As obras presentaranse en formato Word. O nome do arquivo será o título do relato.
- Os autores terán que enviar os seus datos persoais enchendo o formulario de admisión publicado xunto a estas bases.
- O título do relato que se envía a través do correo electrónico ten que coincidir co título do relato que figura no formulario de admisión.
- Tanto o formulario como o relato deben enviarse ao mesmo tempo. Hase de comprobar que os datos do envío e do formulario coinciden.
- Para os menores de idade será necesaria unha autorización dos pais ou titores legais, que deberá anexarse tamén ao correo electrónico.
- Non se recibirá acuse de recibo nin se manterá correspondencia algunha cos concursantes.
Premios
- Un primeiro premio dotado con 800 euros e un diploma.
- Un segundo premio dotado con 500 euros e un diploma.
- O xurado poderá declarar deserto o segundo premio ou ambos, así como conceder premios ex aequo.
- Do Premio deduciranse as cargas tributarias correspondentes e o seu importe terá carácter de compensación pola renuncia aos dereitos de autor.
- O xurado seleccionará tamén algúns relatos para publicalos nun volume, xunto cos dous gañadores, nun libro que editará a UNED.
O prazo de presentación de orixinais concluirá o 15 de marzo de 2025 ás 24.00 h (horario peninsular español).
Fallo
- O fallo do xurado e entrega de premios farase público durante os meses de maio ou xuño de 2025.
- O xurado estará integrado polo decano da Facultade de Filoloxía da UNED, un autor de prestixio de literatura xuvenil e un profesor de literatura de ensino secundario. A súa decisión será inapelable.
A participación no concurso implica a total aceptación das bases e cesión de dereitos de reprodución e distribución para o volume que se editará de premiados e seleccionados.
A Universidade Nacional de Educación a Distancia garante o cumprimento da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal.
AUTORIZACIÓN PARA MENOR DE IDADE E DECLARACIÓN XURADA
Eu, ___________________________________________, con DNI núm. ______________________________, con domicilio en______________________________ e con conta de correo electrónico______________________________, en calidade de pai/nai/titor legal,
AUTORIZO ao meu fillo/filla, _______________________________,menor de idade, nado/nacida o ___ de _________de ____, con DNI núm.______________, a participar no IV Premio literario UNED de relato curto para novos escritores.
Así mesmo, DECLARO BAIXO XURAMENTO OO PROMETO que o texto é obra orixinal e non contou co uso de ningún sistema de Intelixencia Artificial; que é inédito; que non foi previamente premiado en ningún certame, e que non foi presentado ao mesmo tempo a outros certames cuxo fallo está pendente de publicación.
En ………………………, a ...… de ……....de 202..
Asinado:
UNED Ourense
Comunicación