Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense inaugura o Curso 2024-25 este mércores 

21 de octubre de 2024

As ciberviolencias sexuais en adolescentes será a lección inaugural dun acto académico que presidirá a vicerreiora de Tecnoloxía da UNED xunto ás outras autoridades do Consorcio do centro universitario. A cita terá lugar ás 19:00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

OURENSE, 21 de outubro  de 2024. O próximo mércores, día 23 de outubro, terá lugar o solemne acto académico de inauguración do Curso 2024-2025 de UNED Ourense. Celebrarase no salón do Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires das 19.00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. Dirixirá o acto a vicerrectora de Tecnoloxía da UNED, doutora Rocío Muñoz Mansilla. A primeira en intervir será a secretaria de UNED Ourense, a profesora titora María Concepción Álvarez Gómez, para dar conta da memoria do curso que rematou. A continuación, a profesora titora, doutora Yolanda Rodríguez Castro, ofrecerá a lección inaugural, titulada  As ciberviolencias sexuais en adolescentes: vellos obstáculos e novos desafíos para a educación.

David Fidalgo Barreiro, en representación de todos os compañeiros egresados, tomará a palabra para pronunciar un breve discurso. Despois producirase a entrega do premio do Colexio de Economistas de Ourense ao estudante con mellor expediente nunha das tres carreiras económicas. Haberá, de seguido, entrega de becas coa súa cor académica a un nutrido grupo de estudantes que se graduaron este curso en UNED Ourense.

A rrolda de breves intervencións comezará de seguido, falando en primeiro lugar o director de UNED Ourense, doutor Jesús Manuel García Díaz, ao que seguirá o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid; despois falará o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira Nóvoa, tras él, o vicepresidente segundo da Deputación Provincial de Ourense, César Manuel Fernández Gil, pechando a rolda a vicerreitora. Cando ésta pronuncie a fórmula oficial de inauguración do novo curso, os  membros da Mesa baixarán a ocupar as butacas da primeira fila, para deixar a tribuna aos cantores da Capela Madrigalista, que porán o broche musical ao acto universitario de UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es