OURENSE, 16 de outubro. Volve o curso de Meditación autóxena. Cara a unha vida plena, na súa segunda parte. Tanto foi o interese espertado na primeira, que os participantes quedaron con ganas de saber máis. Celebrarase os días 19 e 20 de outubro no salón da Casa da Cultura en Ribadavia. Neste obradoiro teórico/práctico continuarase expoñendo as bases teóricas do adestramento autóxeno, desenvolto a principios do século XX por J. Schultz e hoxe entendido como un estilo meditativo. Avanzaremos os coñecementos e a práctica ata abrangar o adestramento completo, ampliándose coas fórmulas específicas de cambio persoal psicofísico. A meditación autóxena mobiliza os mecanismos autorregulatorios do corpo para a recuperación da desregulación neuropsicolóxica que acompaña ao estrés, e facilitar o seu óptimo funcionamento. Constitúe unha forma de meditación laica, fácil de aprender, sendo na actualidade uno dos estilos meditativos máis demandados. Son en total 10 horas lectivas que dan lugar a 0,5 créditos ECTS. A docente é Blanca Mais Hesse, profesora do Departamento da Psicoloxía da Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, na Facultade de Psicoloxía da UNED.
O programa para desenvolver durante a fin de semana é o seguinte:
Sábado, 19 de outubro
Domingo, 20 de outubro
Vai dirixido a todas aquelas persoas que xa realizaron o primeiro obradoiro, a aquelas que xa coñezan a técnica e queiran ampliar coñecementos e en especial practicalos, e desde logo, a cantos buscan coñecer unha forma de reducir o estrés, ansiedade e ánimo triste, mellorando o seu estado emocional conseguindo un maior equilibrio e benestar que lles permita unha vida máis plena.
Inda hai prazas para quen desexe participar. Podes matricularte aquí.
UNED Ourense
Comunicación