Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia sobre o románico de Ribadavia

7 de octubre de 2024

O profesor David Chao explicará os segredos do románico ribadaviense este mércores, ás 19:00 horas, desde o salón de actos de UNED Ourense, dentro do ciclo de conferencias do Campus Noroeste.

OURENSE, 7 de outubro de 2024. O vindeiro mércores, 9 de octubro, ás 19:00 horas, desenvolverase no Salón de Actos de UNED Ourense a conferencia do profesor David Chao Castro titulada: O románico de Ribadavia (Ourense): influenzas, pervivenzas, destrucións e reconstrucións na Baixa Idade Media. Esta conferencia forma parte del ciclo organizado polo Campus Noroeste da UNED dedicado este año ás xoias do patrimonio das zonas onde se ubican os 14 centros asociados. O ciclo terá lugar desde o 8 de outubro ata o 8 de novembro e as conferencias poderán seguirse en liña ou presencialmente. Nesta ocasión, UNED Ourense volve participar ofrecendo o relatorio do profesor ourensán que pertece á Universidade de Santiago.

Para quen queira seguir todas as conferencias, este é o programa:

Martes, 8 de outubro 

  • 19:00-19:10 h. Presentación do curso, desde UNED Pontevedra, coa participación do director do Campus Noroeste da UNED, Víctor M. González Sánchez, e a directora de UNED Segovia, María Dolores Reina Paz. A conferencia impartiraa Inés Monteira Arias, catedrática de Historia da Arte na UNED, quen falará da Igrexa románica de San Millán de Segovia: mensaxes e interpretacións, desde UNED Segovia. 

Mércores, 9 de outubro 

  • 19:00-20:30 h. O románico de Ribadavia (Ourense): influencias, pervivencias, destrucións e reconstrucións na Baixa Idade Media, desde UNED Ourense. Impartirá o profesor David Chao Castro, da Universidade Santiago de Compostela.

Xoves, 17 de outubro 

  • 19:00-20:30 h. Un "faro" na Terra de Campos zamorana: a igrexa de Santo Tomás de Villanueva del Campo, desde UNED Zamora. O relator será Sergio Pérez Martín, profesor titor en UNED Zamora e profesor da Universidade de Valladolid. Doutor en Historia da arte. Comisionado de Patrimonio da Junta de Castilla y León. 

Martes, 22 de outubro 

  • 19:00-20:30 h. A fábrica de Tabacos da Coruña: edificio singular da cidade, desde UNED A Coruña, coa presenza de Ana María Romero Masiá, historiadora, arqueóloga e profesora.

Mércores, 23 de outubro 

  • 19:00-20:30 h. O patrimonio artístico da Universidade Laboral de Xixón, desde UNED Asturias. Falará Miguel Ángel Álvarez Álvarez, historiador da arte, investigador e guía turístico. 

Mércores, 30 de outubro 

  • 19:00-20:30 h. Lugo cidade patrimonio, tesouro da humanidade, desde UNED Lugo. Intervirá Raquel Iglesias Rodríguez, coordinadora de Extensión Universitaria e profesora titora en UNED Lugo.
 

Venres, 8 de novembro 

  • 19:00-20:30 h. Patrimonio histórico artístico da provincia de Pontevedra, desde UNED Pontevedra. Coa participación de Purificación Pérez González, profesora titora, licenciada en Xeografía e Historia, sección Historia dá Arte, especialidade Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Este ciclo está dirixido a estudantes dos graos en Turismo, Humanidades, Políticas, Socioloxía, Historia da arte e en Xeografía e Historia; profesores de ensino secundario nestas materias, e persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a historia, a arte e o patrimonio. 

O obxectivo é non só presentar unha minúscula mostra da riqueza patrimonial dalgunhas das provincias que forman o Campus, senón que os asistentes poidan, a través dalgunhas dos relatorios, coñecer as oportunidades que se presentan a nivel de premios, financiamento e os actores que interviñeron e interveñen nun asunto cada vez máis valorado polos residentes como polos visitantes.

Metodoloxía

  •  Presencial
  • Streaming en directo. O estudante matriculado recibe a clase a través dun computador onde queira pero en datas e horario marcado. A ligazón para a conexión envíase por email, pero tamén pode descargarse dun documento de   https://extension.uned.es/miespacio
  • En diferido. Unha vez finalizado o curso de maneira presencial, e despois de cada sesión, facilitarémoslle as ligazóns das gravacións (no prazo duns poucos días), no correo electrónico de matrícula do curso e no meu ESPAZO:  https://extension.uned.es/miespacio (opción 1: estudante Uned, opción 2: non estudante UNED).

 Esta é unha actividade de carácter meramente divulgativo, polo que non conleva asistencia obrigatoria nin traballos e, en consecuencia, non se emiten créditos ECTS nin certificados.

 Para participar en liña é necesario inscribirse picando aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es