OURENSE, 25 de setembro de 2024. O vindeiro xoves, 3 de outubro, UNED Ourense celebrará unha sesión de Portas Abertas para todos os novos estudantes que se incorporen este ano á nosa Universidade. A xornada consistirá nunha reunión no Salón de Actos do centro asociado ás 11:00 horas. Alí estarán o director, Jesús Manuel García Díaz, acompañado polos profesores titores, María Concepción Álvarez Gómez e Jesús Carballo Bouzas, ademais do PTGAS Luis Gulín Iglesias. Tras a benvida informarase os estudantes para que saiban como se estuda na UNED, os recursos de que dispoñen e o funcionamento do Centro Asociado e a súa Aula de Extensión na Rúa. Tras a reunión, todos os asistentes terán a oportunidade de participar nunha visita guiada ás instalacións de UNED Ourense que lles fará o director. E nese percorrido sairán novas explicacións acerca de como facer o mellor aproveitamento dos servizos que ofrece o centro, para triunfar nos estudos que ofrece esta Universidade.
Os asistentes poderán facer calquera consulta que lles inquiete ou que suscite o seu interese. Cada ano esta cita en UNED Ourense reúne a un grupo de persoas que queren cambiar a súa vida estudando un grao ou un mestrado. Para acudir a esa xornada de Portas Abertas do xoves, 3 de outubro, poden facelo en coche e aparcar cómodamente no aparcamento da UNED, ou poden desprazarse en bus urbano, cuxa parada de tres liñas áchase diante xusto das Torres do Pino, onde se sitúa o centro universitario da UNED.
UNED Ourense
Comunicación