Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Novos plans de estudo en catro graos da ETS de Enxeñeiros Industriais da UNED

29 de julio de 2024

Veranse afectados lixeiramente todos os graos da Escola, menos o de Enxeñería da Enerxía.

OURENSE, 29 de xullo de 2024. A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, salienta que no próximo curso académico 2024/2025 vanse implantar Novos Plans de Estudos de catro Graos que se imparten neste centro. Esta modificación dos plans de estudos vén provocada pola necesidade de adaptación ao Real Decreto 822/2021. Por tanto, os títulos que se renovan son os seguintes:

  • Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais
  • Grao en Enxeñería Mecánica
  • Grao en Enxeñería Eléctrica

  • Grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática

 

Grao en Enxeñería da Enerxía non sufre polo de agora ningunha modificación.

Os estudantes novos ou que teñan menos de 200 ECTS superados no plan de estudos antigo, matricularanse obrigatoriamente no novo plan de estudos. Nembargantes os estudantes que teñan máis de 200 ECTS xa superados no plan antigo poderán elixir se deciden terminar os seus estudos no plan antigo ou ben deciden pasarse ao novo. En caso de que opten por continuar no plan antigo deben saber que contan con dous anos para finalizar; pasado ese tempo, deberán cambiarse ao plan novo.

Consulta as preguntas frecuentes, de axuda a todos os estudantes e a todos os implicados na matrícula dos Graos, incluíndo as taboas cos cambios dos novos plans de estudos pinchando aquí.

Á hora de realizar a matrícula, os estudantes verán que as materias superadas no plan antigo recoñécense automáticamente ao pasar ao plan novo. Con todo, en caso de dúbida, a información de contacto para os estudantes atópase premando tamén aquí.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es