OURENSE,15 de agosto. As probas presenciais correspondientes á convocatoria de setembro, do curso académico 2023/2024 terán lugar do 2 ao 7 de dito mes en UNED Ourense. Antes de vir ao Centro Asociado, revisa o calendario de exames: titulación e carreira.
Podes vir en autobús urbano ou en coche. Si utilizas o coche, terás varias prazas no recinto das Torres do Pino, fronte ao centro universitario. Ao rematar o exame, deberás retirar o teu coche do aparcamento, con máis razón se a praza non ten rotulado o acrónimo UNED. Se durante o exame espérate algún amigo ou familiar, non poderá pasear pola zona de xardín privado das Torres do Pino, e tampouco hacerlo con mascotas.
Convén ter presentes os seguintes detalles:
1. O estudantado de UNED Ourense debe realizar os exames na sede principal de Ourense.
Na Aula UNED de A Rúa non se realizan exames. UNED Ourense localízase na Urbanización Torres do Pino, s/n, baixo, 32001, Ourense.
Se desexas examinarte noutro Centro Asociado da UNED, distinto ao que estás matriculado/a, debes solicitalo por escrito, á atención do director do Centro Asociado onde queres examinarte, xunto a unha fotocopia do resguardo de matrícula. Nesta páxina de información xeral sobre como examinarte dun Grao na UNED, dentro do apartado Onde podo examinarme?, tamén explícache este trámite, que debe realizarse alomenos 15 días antes da convocatoria de exames.
2. Cada xornada de exames está organizada en catro sesións.
Prográmanse probas presenciais en quendas de mañá (ás 9:00h e ás 11:30h) e tarde (ás 16:00h e ás 18:30h).
3. No, esquezas o carné de estudante deste curso académico 2023/2024 e o documento de identidade (DNI, NIE ou pasaporte). Debes identificarte cara o tribunal con estes documentos, así que, se non os traes contigo o día do exame, non poderás acceder ao mesmo. Accédese co carné de estudante e sáese da proba co DNI.
Se non tes carné de estudante oo se o que tes non é válido (o prazo de validez indícase no anverso do carné), tes que solicitar un novo carné de estudante o mesmo 2 de setembro.
Se es antigo estudante e tes ou tiveches con anterioridade o carné físico con fotografía, podes descargar a App da UNED e así dispoñer no mobil a tarxeta universitaria intelixente ou carné de estudante.
Se es novo estudante e desexas ter a tarxeta universitaria intelixente no Mobil, antes de descargar a App da UNED e para que na túa ficha de estudante apareza a túa tu fotografía e así poder comprobar a túa identidade, envía a seguinte documentación a info@ourense.uned.es, indicando que desexas descargar a aplicación:
4. Chega a cada quenda de exames con, polo menos, 30 minutos de antelación.
Desta maneira, poderás acceder á aula de exames sen presas innecesarias e dispoñer de tempo máximo asignado a cada proba. Na páxina principal do teu exame, xunto aos teus datos, indícase a hora de inicio e de finalización da proba así como o material que poderás utilizar no exame, en caso de permitilo.
5. Se chegas algo tarde, podes entrar ata 30 minutos despois do comezo de cada quenda.
Ten en conta que este retraso poderase restar do tempo dispoñible para realizar a proba se esta é de longa duración.
6. Non se poderá abandoar a aula ata pasados 30 minutos do comezo de cada quenda.
7. Revisa os datos da páxina principal do teu exame para comprobar que todo está correcto.
Tóma uns minutos para ler os enunciados e as instrucións que o equipo docente inclúe en cada exame.
8.Respecta as medidas de seguridade que rexen dentro da aula de exames. Non se pode acceder con teléfonos móbiles encendidos, teñen que estar totalmente desconectados, non vale modo avión nen silenciarlos. Tampouco se poden usar pinganillos nen pulseiras intelixentes. Non pode haber ningún dispositivo electrónico encendido. Non respectar estas normas pode custar un contratempo ao estudante, pois anularíaselle o exame por parte do Tribunal.
Máis información
Síguenos en redes
UNED Ourense
Comunicación