Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Senior, un encontro interxeracional e de experiencia en Ourense

15 de julio de 2024

A xeopolítica do mundo contemporáneo, a posverdade e desinformación así como a arte bizantina e islámica, son algunhas novidades de materias que se impartirán nesta décima edición do programa para maiores de 55 anos na nosa provincia.

OURENSE, 15 de xullo de 2024. La UNED Senior de Ourense xa ten definido o curso 2024-2025 que comezará o 30 de setembro, luns. Como cada ano desde fai unha década, os estudantes veteráns votaron para escoller oito materias das que se lles propuxeron. Así, volverán cursar algunhas delas mentras outras son novidade, co seguinte horario:

Primeiro cuadrimestre

Luns: 

  • 16:30h: Xeopolítica do mundo contemporáneo, co profesor David Alvarado.
  • 18:15: Érase unha vez a vida: nutrición, saúde e enfermedade, con Fabio Tabarés Santalices.

Xoves:

  • 16:30h: Alimentos e emocións. Coa docente Ana Belén Araújo Rodríguez.
  • 18:30h: Arte bizantina e islámica, a cargo de Ángel Domínguez López.
Segundo cuadrimestre

Luns:

  • 16:30h: Posverdade, desinformación e democracia, con David Alvarado.
  • 18:30h: Arte española: das manifestacións finiseculares (s. XIX) á España democrática, a cargo de Ángel Domínguez López.

Xoves:

  • 16:30h: Galicia en imaxes, con Begoña Cádiz Rilo.
  • 18:30h: Filosofía clásica: Grecia e Roma, con Miguel Guerra Rodríguez.

Todas as sesións impartiranse no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O primeiro cuadrimestre iniciarase o 30 de setembro de 2024 e finalizará o 3 de febreiro de 2025, para os estudantes dos luns. Para os dos xoves rematará o 23 de xaneiro. As clases interrumpiranse entre o 20 de decembro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025.

O segundo cuadrimestre dará comezo o 10 de febreiro e terminará o 5 de xuño de 2025, e as sesións interrumpiranse durante a Semana Santa.

A UNED-SENIOR diríxese a persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos. 

Obxectivos:

  • Ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 55 anos, co fin de mellorar a súa calidade de vida.
  • Proporcionar coñecementos, aprendizaxe e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal.

  • Favorecer a comunicación a través das relacións interpersonais e do encontro interxeracional. 

  • Proporcionar todos aqueles elementos necesarios para un mellor coñecemento do entorno cultural.

Metodoloxía

  • A UNED SENIOR impártese presencialmente.
  • A metodoloxía céntrase nas características específicas da forma de aprender dos participantes, tendo en contra os seguintes aspectos: a UNED-SENIOR asume que as persoas non aprenden só a `partires do ensino, mais tamén da experiencia. Os métodos educativos basearanse no tecido dinamizador que ofrecen as potencialidades personais, así como na experiencia persoal e laboral dos participantes. En cada materia identificaranse os centros de interese tendo en conta as motivacións e necesidades dos participantes. Fomentaranse as actividades culturais.

A matrícula ordinaria ten un prezo de 50 euros por materia, para aqueles estudantes residentes fóra da provincia de Ourense. A matrícula especial é de 25 euros por materia somentes para estudantes residentes na provincia de Ourense

Se estás pensando nunha universidade cercana, de calidade, que dea resposta ás túas necesidades e intereses como parte dun grupo social cada vez máis numeroso e activo, non dubides, en UNED Ourense matricúlate no programa da UNED SéniorSerás ún máis dos case 8000 estudantes sénior que anualmente pensan que nunca é tarde para aprender.

O prazo de matrícula abrirase en setembro. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es