Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberta a matrícula para estudar un Grao na UNED

4 de julio de 2024

Ata o día 22 de outubro pode formalizarse para realizar calquera dos 30 graos que ofrece a nosa universidade e para os que non se precisa nota de corte. Tamén se inicia o prazo de matrícula do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos

OURENSE, 4 de xullo de 2024. A UNED abriu o prazo de matrícula para os seus estudos de Grao. Estará aberto ata o día 22 de outubro. A xestión pode realizarse premando aquí . A UNED conta cunha variada oferta académica en constante renovación que inclúe unha trintena de títulos de Grao aos que se pode acceder sen nota de corte. A súa metodoloxía en liña e semipresencial permite aos estudantes cursar todos os seus sus estudos desde calquer lugar do mundo grazas á tecnoloxía máis novidosa e ao apoio da extensa rede de Centros UNED, que conta con 80 sedes en 75 cidades de 17 países.

O prazo de matrícula está igualmente aberto para quen desexe realizar o Curso de Acceso á Universidade, é dicir, aquelas persoas que non teñan nen Selectividade/ABAU nen Ciclo formativo superior en FP. Para o Curso de Acceso destinado a maiores de 25 anos, estas persoas deberán ter cumplida esa edade antes do 31 de decembro de 2025. Este ano, a novidade neste sentido é que os maiores de 25 anos que só teñan o título de Bachalerato cursado en España, deberán facer o Curso de Acceso da UNED. 

Aquelas persoas maiores de 45 anos que desexen entrar na UNED e que estean nesa  situación de non dispoñer da Selectividade/ABAU nen un ciclo superior de FP, deberán realizar este Curso de Acceso. Estará exento quen teña o Bachalerato estranxeiro homologado, pois entrarán directamente en cuaquera Grao.

Pero se es dos que prefiren maximizar o seu tempo, a UNED ofrece a posibilidade de cursar diversos Graos Combinados sen nota de corte por menos de 360 ETCS, en titulacións relacionadas. Obtés dous títulos de grao mediante a combinación de materias que permiten o recoñecemento de créditos xunto coa adquisición de entre 42 e 120 ECTS adicionais, segundo os graos.

Aínda non te decides? Podes probar se a UNED encaixa co teu ritmo de vida mentres consegues uns créditos convalidables co Grao que desexas cursando un Micrograo. Trátase dun tipo de ensino propio da UNED, cuxo obxectivo principal é facilitar a adquisición de novas competencias que preparen ás persoas para responder aos rápidos cambios laborais, sociais e tecnolóxicos. Este formato permíteche enfocarche nas túas áreas de maior interese e ofréceche a posibilidade de, unha vez aprobados os créditos do Microgrado, estes inclúanse no teu expediente académico se te decides a continuar o Grao ao que se vinculan, de forma que teñan validez como ECTS oficiais e considérense xa cursados, restándose da carga lectiva do Grao.

Xunto ao periodo de Admisión de Graos, a UNED mantén aberta a preinscrición para estudantes novos de Mestrados Oficiais, que se manterá ata o 9 de xullo (excepto a preinscrición para o mestrado en Innovación en Tecnoloxías Industriais, que va do 19 de xuño ata o 31 de xullo). 

A través da seguinte ligazón podes comprobar como se estuda na UNED.

UNED Ourense

Comunicación

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es