Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

XXV Premio de investigación José Francisco de Querol y Lombardero

28 de junio de 2024

O Ministerio de Defensa convoca esta modalidade para recompensar artigos ou estudos de investigación sobre Defensa,  Paz, Seguridade, Dereito Militar e a Historia Militar. As solicitudes poden presentarse xa durante dous meses, desde o pasado 21 de xuño.

OURENSE, 28 de xuño de 2024. A comunidade universitaria de UNED Ourense pode participar na XXV edición dos Premios Defensa 2024, na modalidade de Premio José Francisco de Querol e Lombardero. A concesión do premio, convocado polo Ministerio de Defensa, farase en réxime de concorrencia competitiva dacordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia e eficiencia establecidos no artigo 8.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións. Este premio está dotado con 5.000 euros, unha imaxe en bronce de Miguel de Cervantes e un diploma acreditativo. A obra galardoada nesta modalidade será publicada na Revista Española de Derecho Militar.

Os Premios de Defensa teñen como obxectivo achegar á sociedade española os temas relacionados coa Defensa, a Paz, a Seguridade, o Dereito Militar e a Historia Militar, e outras áreas que conforman a Cultura de Defensa. E recompensar ás persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que se destacaron polas súas achegas, traxectoria profesional e pola súa especial contribución á difusión da Cultura de Defensa e á imaxe das Forzas Armadas. 

A modalidade do Premio José Francisco de Querol e Lombardero ten por obxecto premiar os artigos e estudos de investigación sobre aspectos xurídicos relacionados co ámbito da Defensa ou da Xurisdición Militar, o Dereito Militar en xeral e, de modo particular, o Dereito Internacional dos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario. A concesión destes premios será compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administracións ou entidades públicas ou privadas, nacionais, da UE ou de organismos internacionais. 

Poderá concorrer a este premio aquelas persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro, cuxos artigos ou estudos de investigación versen sobre aspectos xurídicos relacionados coas áreas fixadas neste concurso. Eses artigos ou estudos de investigación deberán ser orixinais e non presentados a anteriores edicións dos Premios Defensa, nin editados en publicacións de carácter comercial. Presentaranse de cordo co disposto no artigo 15 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e en soporte informático, segundo indícase nos apartados seguintes.

Non serán realizadas copias totais ou parciais dos traballos presentados, salvo para a deliberación dos respectivos xurados.

O texto íntegro da convocatoria estará dispoñible a través do Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións (Base de Datos Nacional de Subvencións), no taboleiro de anuncios da sede electrónica central do Ministerio de Defensa, e na páxina web do Portal de Cultura de Defensa. 

Cada candidato soamente presentará un artigo ou un estudo de investigación a este Premio. As persoas físicas poderán presentar as súas solicitudes electronicamente ou en papel. En caso de facelo en papel, a instancia deberá dirixirse á División de Coordinación e Estudos de Seguridade e Defensa (Secretaría Xeral de Política de Defensa, Ministerio de Defensa, Paseo da Castellana, 109, 28071 Madrid, e presentarse nalgúns dos rexistros oficiais contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Se se opta pola presentación electrónica, esta deberá realizarse mediante a sede electrónica do Ministerio de Defensa, accedendo ao apartado do procedemento correspondente aos Premios Defensa, con certificado electrónico. As persoas xurídicas deberán, en todo caso, presentar as súas solicitudes electrónicamente conforme ao artigo 14.2 da citada Lei.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses e comezou a contar desde o pasado día 21 de xuño.

Aquí podes acceder a todos os documentos para participar, incluída a instancia e a declaración responsable.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es