Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de Admisión para estudos de Grao na UNED

17 de junio de 2024

A UNED ten unha oferta variada de 30 graos aos que se accede sen nota de corte.

OURENSE, 17 de xuño de 2024. A UNED abriu hoxe o periodo de Admisión para os seus estudos de Grao. Este proceso só é necesario para aqueles estudantes que desexan trasladar o seu expediente ou simultanear estudos desde outra universidade española, así como os estudantes procedentes da proba de acceso para maiores de 45 anos desde outra universidade española. Unha vez admitidos, os alumnos deberán formalizar a súa matrícula entre o 4 de xullo e o 22 de outubro. Ambos os procesos realizanse en liña.

A UNED conta cunha variada oferta académica en constante renovación que inclúe unha trintena de títulos de Grao aos que se pode acceder sen nota de corte. A súa metodoloxía en liña e semipresencial permite aos estudantes cursar todos  os seus estudos desde calquer lugar do mundo grazas á tecnoloxía máis novidosa e ao apoio da extensa rede de Centros UNED, que conta con 80 sedes en 75 cidades de 17 países.

 

Ademáis do periodo de Admisión de Graos, a UNED mantén aberta a preinscrición para estudantes novos de Mestrados Oficiais, que se manterá ata o 9 de xullo (excepto a preinscrición para o mestrado en Innovación en Tecnoloxías Industriais, que será desde o 19 de xuño ata o 31 de xullo) e a preinscrición para estudantes novos de Doutoramento, que se prolongará ata o 30 de xuño. 

UNED Ourense

Comunicación

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es