Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED leva a Ribadavia as xornadas Tral-la pegada do Vino: Percorrido pola Tradición Vitivinícola do Noroeste Peninsular

13 de mayo de 2024

Celébranse este martes, día 14 na sede do Consello Regulador DO Ribeiro e a asistencia será gratuita, así como a inscrición en liña, para obter o certificado de asistencia. A Facultade de Historia achega con esta iniciativa varios traballos de investigación para dalos a coñecer na nosa sociedade.

OURENSE, 13 de maio de 2024. A Facultade de Historia da UNED trae e Ribadavia o programa Humanidades a corta distancia, que consiste en achegar os traballos de investigación, que están facendo os profesores da Facultade, aos estudantes nos centros asociados. Por ese motivo, organiza na capital de O Ribeiro esta xornada divulgativa sobre cultura, patrimonio e paisaxe da vide e o viño. A cita será mañá, martes, 14 de maio, no salón de actos da sede do Consello Regulador DO Ribeiro, ubicado na Avenida de Redondela, 3, 32400 Ribadavia.

Consta de tres horas lectivas que se axustan ao seguinte programa presencial:

Martes, 14 de maio

  • 18:00-18:15 h. Inauguración das xornadas a cargo de César Fernández Gil, Alcalde do Concello de Ribadavia, Jesús Manuel García Díaz, Director de UNED Ourense e Concha Iglesias, Presidenta do CRDO Ribeiro.
  • 18:15-19:00 h. De Galicia aos Andes. Os Vásquez del Carril, unha empresa vitivinícola no século XVIII. Con Ana María Rivera Medina, Profesora Contratada Doutora no Departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas da Facultade de Xeografía e Historia da UNED.
  • 19:00-19:45 h. Sabores da Palabra: paisaxe da Vide e o Viño na Narrativa Contemporánea. Intervirá Julio Fernández Portela, Vicedecano de Ordenación Académica e Axenda 2030, Profesor Titular na  Facultade de Xeografía e Historia da UNED
  • 19:45-20:30 h. Diversidade varietal da vide de cultivo tradicional no Noroeste da Península Ibérica, con Ángela Díaz Fernández, Bióloga na EVEGA e Doutora en Ciencia e Tecnoloxía Alimentaria.
  • 20:30-21:00 h. Cata comentada de viños da DO Ribeiro.

A entrada é libre ata encher o aforo dispoñible. Aquelas persoas interesadas en ter un certificado de asistencia a estas xornadas deberán inscribirse gratuitamente premando aquí: Inscrición online

Dirixido por Julio Fernández Portela

Organiza

Colabora

Obxetivos de Decsenvolvemento Sostible

Esta actividade impacta nos seguintes Obxectivos de Desevolvemento Sostible: 12 (Produción e consumo responsables) e 15 (vida de ecosistemas terrestres).

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es