Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Camiño Meridional aúna na UNED os intereses turísticos e culturais das provincias de  Zamora e Ourense

17 de abril de 2024

O vindeiro venres, día 19, celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel a clausura do ciclo de conferencias que se vén desenvolvendo desde Benavente en presenza das deputacións e dos centros da UNED en ambos os dous territorios.

OURENSE, 17 de abril de 2024. A UNED clausurará o vindeiro venres, 19 de abril, o seu ciclo dedicado ao Camiño Meridional, organizado conxuntamente polos centros asociados en Zamora e Ourense. A cita está prevista para as 19:00 horas no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Do mesmo xeito que sucedeu o pasado día 2 en Benavente, estará presentes os presidentes das dúas deputacións provinciais, Luis Menor Pérez, de Ourense e Javier Faúndez Domínguez, de Zamora. Igualmente acudirán os dous directores da UNED en ambas as provincias: Jesús Manuel García Díaz, por Ourense, e Antonio Rodríguez González, por Zamora.

O relator será o arquitecto César Pichel Rodríguez, quen tamén é profesor titor da UNED Senior en Ourense. Disertará sobre Ourense, o ‘corazón’ do Camiño Meridional. Con esta conferencia remata un ciclo gratuíto de seis charlas que a UNED repartiu noutras tantas localidades das dúas provincias: Benavente, Rionegro del Puente, Puebla de Sanabria; Verín, Allariz e agora Ourense.

Este último acto do curso será presidido por Luis Menor Pérez, en calidade de presidente do Consorcio de UNED Ourense. Nesta sesión tamén estará, en representación institucional do Concello de Ourense, o seu primeiro tenente de alcalde, Aníbal Pereira Novoa

Esta primeira experiencia de ambos os centros universitarios da UNED deixa un resultado bo, de modo que os dous directores están satisfeitos e decididos a dar continuidade a esta iniciativa dedicada ao Camiño Meridional. A nosa Universidade está moi comprometida co patrimonio cultural do territorio onde se asintan os seus centros, tentando neste caso, mellorar e innovar para ofrecer aos cidadáns de Zamora e Ourense cada ano un mellor "curso peregrino", como gusta en dicir o director zamorano. O acceso ao salón do Marcos Valcárcel é libre ata encher aforo. Será unha cita cun ben cultural que beneficia á nosa terra.

Para seguir en liña o acto hai que inscribirse gratuítamente aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es