OURENSE, 1 de febreiro de 2024. A este segundo prazo de matrícula poderán concurrir os estudantes que cumpran unha serie de requisitos. No caso dos estudos de Grao, poderán matricularse novos estudantes ou ampliar matrícula aqueles que cursaran un número determinado de créditos. Pódese consultar toda a información neste enlace.
No caso dos Mestrados Oficiais, poderán ampliar matrícula aqueles estudantes que se matricularan nun mínimo de 20 créditos no primeiro periodo. Tamén poderán matricularse os estudantes que foron admitidos no proceso de preinscripción pero non formalizaron a súa matrícula e aqueles aos que aquellos como máximo lles falten dúas materias e o Traballo Fin de Mestrado para concluir os seus estudos, sempre que conten en ambos os dous casos coa autorización da comisión coordinadora do Mestrado.
Finalmente, para optar a un Microtítulo -micrograo ou micromestrado- os estudantes deberán cumprir cos mesmos requisitos xerais de acceso ao Grao ou Mestrado e poderán matricularse das materias que consideren oportunas. A UNED, pioneira na implantación desta formación, atópase así na vangarda europea en canto á creación de microcredenciais, unha formación que permite a especialización en áreas concretas sen necesidade de cursar un Grao ou Mestrado completo.
Outros estudos
Desde o pasado 12 de xaneiro e ata o 29 de marzo, está aberta a matrícula para a Proba Libre de Idiomas xestionada polo CUID UNED, o Centro de Idiomas da universidade. Finalmente, desde hoxe, 1 de febrero e ata o 14 de marzo estará aberta a matrícula para a Proba Libre de Acceso á Universidade para Maiores de 25 e 45 anos.
Matricularse na UNED converte aos estudantes nos protagonistas da súa propia aprendizaxe e lles permite formar parte da universidade pública máis grande de España. Por elo, máis de 200.000 estudantes confían cada ano na UNED e gozan dun sistema de aprendizaxe innovador que combina a docencia en liña e o acompanmento presencial soportado por unha plataforma tecnolóxica multidispositivo en constante evolución, grazas á integración da Intelixencia Artificial. Con ela, a UNED ofrece un modelo flexible ye axeitado ás necesidades individuais de cada un dos seus estudantes, mentras potencia a aprendizaxe activa e aporta calidade ao ensino.
UNED Ourense
Comunicación