Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED estrea un 'Hub' de Innovación Educativa

18 de enero de 2024

A UNED conta desde esta mesma semana co novo Hub de Innovación Educativa, proxecto exclusivo no mundo universitario español para conectar as distintas unidades, servizos e expertos da propia universidade vencellados coa innovación educativa. 

OURENSE, 18 de xaneiro  de 2024. O reitor da UNED, Ricardo Mairal, e a vicerreitora de Innovación Educativa, Esther López Martín, veñen de presentar o novo Hub de Innovación Educativa da UNED, un proxecto único no eido universitario nacional cuxo obxectivo é servir como punto de conexión entre as distintas unidades, servizos e expertos da propia universidade relacionados coa innovación educativa. “Unha crara aposta da universidade”, tal e como salientou a vicerreitora, “pola innovación das formas de ensinar e aprender, que é un principio fundamental recollido na nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU)”. Mairal, pola súa banda, destacou que a innovación foi un sinal de identidade da UNED desde a súa creación fai máis de 50 anos. “Nacimos cunha metodoloxía semipresenzal", indicou o reitor, "que, naquela época, ben podía considerarse un arcano, coas tecnoloxías máis innovadoras do momento (radio, televisión, etc.) e incorporamos de forma pioneira na década dos 90 o uso de Internet. Agora, o que corresponde é dar resposta a esta realidade palmaria que é a transición dixital adoptando as tecnoloxías máis disruptivas, tales como a Intelixencia Artificial e a automatización ou robotización dos procesos a través de Internet das Cousas ou o blockchain, entre outras”. "Faime moi feliz", sinalou, "que a miña universidade asuma o liderado tamén neste momento".

 

Sergio Martín Gutiérrez, vicerreitor adxunto de Tecnoloxías Educativas e responsable do Hub, e Rubén Jiménez Jiménez, experto en Innovación Educativa e colaborador do proxecto, deron a coñecer no acto algunhas das ferramentas  ás que xa pode acceder o profesorado da UNED, así como os servizos principais dun proxecto que xurdiu como iniciativa persoal do reitor e cuxo desenvolvemento materializouse desde o Vicerreitorado de Innovación Educativa con financiación dos fondos Next Generation e grazas á colaboración do Centro Tecnolóxico de UNED Tudela, “que realizaron un traballo magnífico”, tal como salientou Sergio Martín. Tanto Mairal como Esther López tiveron verbas de agradecemento para os responsables e integrantes do anterior Vicerreitorado de Dixitalización e Innovación, desde o que se deron os primeiros pasos para a posta en marcha do que hoxe é xa unha realidade.

 

Nesta fase inicial, o Hub de Innovación Educativa está destinado exclusivamente ao Personal Docente e Investigador (PDI) da UNED, “aínda que non desbotamos abrilo máis adiante a outros colectivos da comunidade universitaria vencellados coa innovación educativa”, nos conta o vicerreitor adxunto nunha entrevista previa. “O obxectivo hoxe é dar a coñecer ao profesorado da UNED todo o que a súa propia universidade pon á súa disposición no ámbito da innovación e crear unha comunidadr de expertos que se axuden entre eles para realizar proxectos innovadores. Temos tamén un asistente baseado na Intelixencia Artificial Xenerativa (IAG) que nos dará suxestións de innovacións para a nosas materias de forma personalizada. Pensamos que, desta forma, podemos facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe na universidade”.

 

Polo de agora, o Hub incorporou máis dunha decena de ferramentas para ser testeadas e comprobar a súa valía e a súa posible incorporación aos procesos actuais de traballo da universidade. Esta tarefa llévase a cabo no Laboratorio de Tecnoloxías Educativas Emerxentes, integrado no propio Hub e “deseñado como unha comunidade colaborativa na que dialogaremos sobre funcionalidades, experiencias educativas, aspectos éticos e de privacidade, etc.”, explica vicerrector adjunto. Así, “cada ferramenta será empregada e avaliada de xeito que, se mostra utilidade no noso contexto educativo, pasará ao seguinte nivel ata ser unha tecnoloxía susceptible de ser usada a nivel xeral nas materias da UNED”.

 

Neste terreo destacou a participación de Rubén Jiménez, experto en innovación educativa cuxa tarefa centrouse en identificar tecnoloxías educativas emerxentes e metodoloxías de ensino innovadoras aplicables á Educación Superior a distancia e virtual e localizar recursos que podan ser usados nos proxectos de innovación educativa da UNED, entre outras. En definitiva, “crear un Think Tank de ideas inspiradoras que nos permita coñecer e experimentar con tecnoloxías emerxentes que faciliten a tarefa docente e fomenten a innovación”.

 

 

Para Jiménez, codirector de dous programas de Posgrao na UNED creados ao amparo do convenio asinado  entre a universidade e o Colexio Oficial de Educadores Sociais, a interdisciplinariedade é unha das claves do éxito do proxecto. “A participación no Hub supuxo unha oportunidade única para crear, imaxinar, experimentar e buscar solucións creativas aos retos actuais da Educación Superior xunto a compañeiros de traballo cos que había unha auténtica sinerxia creativa. De feito, houbo momentos nos que a creatividade se apoderaba de nós e ocorríansenos propostas que desde un único campo de coñecemento houbesen nocimiento sido moiho máis difíciles de concebir”.

 

Comeza así a andaina dun “proxecto vivo que seguirá constantemente crecendo, evolucionando e mellorando e que -confío- será de gran utilidade para a universidade”, conclúe Sergio Martín. Como el di, “as oportunidades do hub son múltiples”, engade Jiménez, “porque nos permite explorar e construir respostas novidosas e creativas nun momento cheo de oportunidades para a mellora continua da educación a distancia. É, en definitiva, unha oportunidade única para mellorar colectivamente a Educación Superior desde o rigor, a creatividade e o compromiso social”.

UNED Ourense

Comunicación

Itziar Romera

Fotografías: Elisa Tcach

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es