Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia de Paleontoloxía en Ourense sobre 150 millóns de anos de tartarugas ibéricas

15 de febrero de 2024

O científico Adán Pérez, da Facultade de Ciencias da UNED, ofrecerá unha conferencia o día 20 de febrero no Marcos Valcárcel e tamén dará catro charlas noutros tantos centros educativos ourensáns os días 19 e 20 dentro das súas Aulas de Ciencia que teñen con esta Universidade. 

OURENSE, 15 de febreiro de 2024. O paleoherpetólogo da Facultade de Ciencias da UNEDAdán Pérez García, estará en Ourense para ofrecer a conferencia titulada Tartarugas fósiles ibéricas: coa casa ao lombo desde hai 150 millóns de anos. Será no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, ás 19:30h. Con esta conferencia, UNED Ourense achegarase á sociedade ourensá mostrando un campo de investigación apaixonante, dun xeito divulgativo, nunha cita á que pode asistir toda persoa interesada. 

O doutor Pérez García é especialista no estudo das tartarugas prehistóricas na Península e xa describiu 35 novos xéneros e 35 novas especies.

O profesor relator será presentado por Jesús Manuel García Díaz, director de UNED Ourense. E posto que este relatorio enmárcase no eido da divulgación científica da nosa universidade, non será a única actividade para esas datas.

Visita a centros educativos

Os estudantes de Secundaria e Bachalerato dos centros IES 12 de OutubroIES Ferro CouseloGuillelme Brown e Miraflores terán durante as mañás do luns,19 e martes 20, charlas do doutor Pérez García sobre Paleontoloxía: conceptos e métodos. Sobre esto falará de modo didáctico durante unha hora en cada centro. A distribución á a seguinte:

Día 19 de febreiro, luns:

  • 10:00h.: Colexio Miraflores
  • 12:00h.: Colexio Guillelme Brown

 

Día 20 de febreiro, martes:

  • 09:20h.: IES Ferro Couselo
  • 12:00h.: IES 12 de Outubro

Trátase dunha nova edición das Aulas de Divulgación da UNED que xa van camiño de seren un clásico en Ourense e que conta co apoio do Vicerreitorado de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica da nosa universidade. 

Adán Pérez García (Madrid, 1984) é paleoherpetólogo, sendo investigador do Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED, institución na que é Profesor Titular de Universidad, na Facultade de Ciencias. Obtivo o título de Doutor en Xeoloxía e Enxeñería Xeolóxica pola Universidade Complutense de Madrid, mediante o desenvolvemento dunha tese en Paleontoloxía  centrada no estudo das tartarugas mesozoicas da Península Ibérica. A súa principal liña de investigación continúa sendo aquela sobre as tartarugas fósiles, tanto mesozoicas como cenozoicas, especialmente europeas e africanas. El combina estas investigacións con estudos doutras linaxes de reptís, tendo publicado cerca de 150 traballos en revistas de prestixio internacional, presentado máis de 300 contribucións en congresos científicos especializados e ten descrito máis de 35 novos xéneros e máis de 35 novas especies.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es