OURENSE, 17 de novembro de 2023. Durante o mércores 15 e o xoves 16 de novembro realizáronse en UNED Ourense os exames Trinity College London, tanto escritos como orais. O Centro Asociado de Ourense abriu por vez primeira as súas portas a estas probas, polo que o número de examinandos foi de tres, dous de Ourense e outro da cidade de Pontevedra.
A próxima convocatoria será no primeiro trimestre do ano 2024. Todas as persoas que na provincia de Ourense estean a estudar para examinarse polo Trinity College London, poden inscribirse para realizar as súas probas nas instalacións de UNED Ourense, que conta coa acreditación oficial para este tipo de exames. Desta maneira son 35 os centros asociados da UNED que ofrecen este servizo á sociedade. Os certificados de Trinity College London son unha titulación oficial con recoñecemento internacional que acredita o teu nivel de B1, B2 ou C1 en lingua inglesa.
As probas realízanse nunha soa convocatoria. Xunto a UNED Ourense, poden facerse nos centros de Albacete, Almería, Ávila, Baza, Bergara; Bizkaia, Cádiz, Calatayud, Campo de Xibraltar-Alxeciras; Cantabria, Cervera, Ciudad Real, Denia, Xirona; Guadalaxara, Huelva, A Rioxa, Lanzarote, Lisboa; Madrid-Las Tablas, Málaga, Motril, Palma de Mallorca, Pamplona, Plasencia, Segovia; Sevilla, Soria, Tortosa, Tudela, Valencia e Zamora.
As catro competencias avalíanse mediante dous módulos:
Prezo da matrícula:
As certificacións de Inglés están calibradas co Marco Común Europeo de Referencia (MCER) polo que os seus niveis están certificados internacionalmente. Por tanto, recoñecidos a nivel mundial por universidades, autoridades educativas e organizacións comerciais.
UNED Ourense
Comunicación