Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED, presente na Mesa de Idadismo de Ourense

16 de noviembre de 2023

A Asociación Mirada Mulleres +60 organiza unha sesión de traballo o luns, 20 de novembro, para analizar obxectivos e accións en beneficio das persoas maiores. A nosa Universidade achegará a visión que ten do seu programa UNED Senior, da man do director.

OURENSE, 26 de novembro de 2023. O Liceo de Ourense vai ser escenario, o vindeiro luns, día 20 de novembro, dunha Mesa de Traballo de Idadismo, organizada pola Asociación Mirada Mulleres+60 da nosa cidade. A sesión iniciarase ás 11:30 horas e rematará ás 13:00 horas. Entre as entidades participantes atópase UNED Ourense, neste caso coa súa UNED Senior. 

Nesta Mesa participarán tamén a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría; a Cátedra Idadismo da Uvigo; Ourensividade, Cruz Vermella, Espazo +60. Fundación Abanca; os Colexios Oficiais de Médicos e Enfermeiría; Ategal, o Comité de Ética do CHUOU, as Federacións Limiar e Miño; a Vocalía de Médicos Senior do ICOMOu, Prevención e Envellecemento; ACEE, Salubrizar e a Escola Rural de Saúde A Limia.

A xornada será presentada pola presidenta de Mirada Mulleres +60, María Antonia Rilo Veiga, que ofrecerá os obxectivos. De seguido intervirán todos os participantes, entre eles o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, para explicar o programa nacional da UNED Senior, que tanto éxito ten en Ourense desde hai máis dun lustro. Tras o bloque de intervencións, falará o profesor titor de UNED Ourense e presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde para referirse ao  Idadismo no noso ámbito. Despois, desde a cátedra de Idadismo da Uvigo, intervervirá Xaime Fandiño, para falar Idadismo: Estratexas. Ás 12:30 pechará a Mesa a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, quen disertará sobre Idade e xénero.

"Consideramos importante a convocatoria desta mesa para falar de opcións que milloren a vida dos nosos maiores desde distintos puntos de vista. E a UNED ten algo que dicir, co seu programa de educación non formal destinado ás persoas maiores, que o desenvolve en Ourense e en decenas de centros asociados en toda España. Entre todos axudaremos a concienciar á nosa sociedade e a propoñer aos maiores accións que aporten optimismo e gusto por realizarse y aprender, gusto por gozar e por relacionarse cos demáis e cultivar inquedanzas. Nunca é tarde para nada", sinala García Díaz.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es