OURENSE, 25 de outubro de 2023. A oferta académica da UNED inclúe 30 Graos pertecentes ás áreas de Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería e Arquitectura, así como 11 Graos Combinados que permiten, grazas ao recoñecemento de materios, obter dous títulos de Grao distintos en áreas afíns cursando menos dos 360 créditos ECTS necesarios no caso do segundo Grao. En canto aos MestradosEEES, son 80 títulos os que completan a oferta da UNED.
A UNED foi sempre pioneira en educación a distancia e na incorporación de novas tecnoloxías e tendencias didácticas. Non é de estranar, polo tanto, que se convertira na primeira universidade española en implantar os seus microtítulos-micrograos e micromestrados- cumplindo así as indicacións europeas que apuntan cara microcredenciais como alternativa óptima no camiño da Formación ao Longo da Vida. Ata o 7 de novembro poderase acceder a calquera dos 23 microtítulos ofertados pola UNED: uns estudos que permiten aos estudantes especializarse nunha área concreta sen necesidade de abordar un Grao ou Mestrado completo, pero ofrecendo a posibilidade de convalidar as materias cursadas no caso de que se formalice unha matrícula posterior.
Finalmente, amplíase o prazo de Matrícula ata o 7 de novembro para o Curso de Acceso á universidade para Maiores de 25 e 45 anos e para calquera dos 16 idiomas ofertados por UNED Idiomas.
UNED Ourense
Comunicación