OURENSE, 20 de outubro de 2023. UNED Ourense presenta un curso de introdución á computación cuántica, algúns conceptos de información cuántica e criptografía cuántica. Entre os contidos figura unha introdución aos conceptos, que se necesitan, de álxebra lineal e mecánica cuántica necesarios para afrontar o curso. Ao ser un curso de introdución, as implementacións que se tratan serán exemplos sinxelos. Nunha edición posterior (Parte_II) trataranse as implementacións de algoritmos cuánticos. Este curso vai celebrarse do 6 de novembro ao 4 de decembro de 2023 no Laboratorio de Informática de UNED Ourense. Consta de 30 horas lectivas e dá dereito a 1,5 créditos ECTS. Poderá seguirse tanto de modo presencial como en liña. As clases serán impartidas polo profesor titor de UNED Ourense, José Luis López Fernández.
PROGRAMA
Luns, 6 de novembro
Inscrición
A matrícula modalidade estudantes é para alumnado alleo á UNED (outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música) teñen que achegar copia de matricúla do curso 2023-2024.
Os demandantes de emprego teñen que enviar copia da tarxeta coas revisións actualizadas ou xustificante da oficina de emprego correspondente. En canto a prezos, a matrícula ordinaria costa 60 euros. A de estudantes tanto da UNED como doutros centros, 50 euros e a matrícula de persoas desempregadas costa 40 euros. Este curso está dirixido por Timothy Martin Read, Profesor Titular de Universidade. Departamento de Linguaxes e Sistemas informáticos. ETS Enxeñería Informática da UNED.
Vai dirixido a persoas que coñezan algunha linguaxe de programación clásico (se é posible Python) e que teñan algún coñecemento elemental de álxebra lineal. Sería dabondo cun nivel de bacharelato. Obxectivos
O obxectivo fundamental do curso é difundir coñecementos básicos sobre as tecnoloxías cuánticas, esencialmente computación cuántica e conceptos de áreas relacionadas, información cuántica e criptografía cuántica.
Metodoloxía
O curso realizarase de maneira totalmente telemática na modalidade en liña. As clases gravaranse con obxecto de facilitar o seguimento do mesmo. Explicaranse os contidos e realizaranse exercicios para reforzar a aprendizaxe, utilizando a ferramenta Qiskit e Composer de IBM. Comentaranse outras ferramentas que poden utilizarse para realizar as prácticas. Será necesario para superar o curso realizar satisfactoriamente unha proba análoga aos exercicios que se irán resolvendo nas clases así como cubrir a enquisa final.
Sistema de avaliación
Os participantes realizarán tarefas que se computarán como 5 horas de traballo (a maiores das 25) para a avaliación final do curso.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Esta actividade impacta no ODS 4.
UNED Ourense
Comunicación