OURENSE, 28 de setembro de 2023. Varios cidadáns acudiron á sede de UNED Ourense na tarde do mércores para participar na Xornada de Portas Abertas dirixida non só aos novos estudantes senon tamén a aquelas persoas que se prantexan acceder á UNED nun futuro cercano. O salón de actos foi o lugar de encontro. Un pequeno grupo presencial e medio cento en liña escoitaron a benvida do director, Jesús Manuel García e as intervencións tamén do profesor titor Jesús Carballo Bouzas, responsable do Centro de Orientación e Emprego (COIE) no centro asociado, e o orientador e membro do PAS, Luis Gulín Iglesias.
O director explicoulles a estrutura da UNED, como se estuda na nosa universidade, como son os exames e a Valixa Virtual; faloulles dos servizos que presta o Centro Asociado, un apoio importante porque dalles servizo administrativo, de titorías, laboratorios, biblioteca, imprescindible para sacar adiante os estudos. Recomendoulles non perderse as titorías semanais e que se poden, acudan presencialmente, da mesma maneira que lles dixo que o mellor é empezar xa a ler os temas, para gañar tempo, ainda que as titorías comezarán o luns día 2 de outubro. "Como na UNED non se dan clases, o mellor é comezar a estudar desde xa, clarexar dúbidas cos profesores titores e prepararse moi bien cada materia, utilizando a bibliografía para enriquecer cada tema e, ao domiñalo, conseguir un bó resultado nos exames".
Jesús Manuel García, explicando a estrutura da UNED e os servizos que ofrece o Centro Asociado de Ourense. Xunto a el, Luis Gulín falou de aspectos administrativos de interese para os estudantes.
García Díaz acompañou aos presentes a coñecer todas as dependencias do Centro Asociado nos seus dous andares e foron facendo polo camiño varias preguntas sobre os exames, horarios, etc. Luis Gulín explicoulles detalles administrativos, de como acceder á UNED, de becas, de convalidacións, incluso se son cidadáns estranxeiros que veñen estudar á UNED. Entre o público estaba un enxeñeiro superior chegado de México, ainda que natural da provincia ourensá, quen tamén ten un mestrado en ciberseguridade. Está á espera de que o Ministerio de Educación de España lle convalide esa titulación. Outro joven vai cursar Enxeñería Informática despois de haber feito en Ourense un ciclo superior de FP. Había unha muller que vai estudiar Xeografía e Historia, outra matriculouse en Psicoloxía, outro en Historia da Arte...
Os asistentes formularon varias preguntas e dúbidas que lles foron respostadas no acto de benvida celebrado cunha sesión informativa e un percorrido polas dependencias de UNED Ourense.
Jesús Carballo faloulles da orientación que o COIE brinda aos estudantes, dándolles información sobre como aproveitar o tempo de estudo, atendendo a persoas que non encontran un modo eficaz de estudar. É un servizo moi valorado cada ano, que se presta os martes. E aos egresados dáselles orientación sobre búsqueda de emprego.
Os novos estudantes que asistiron ao acto, escoitando a Jesús Carballo, que interveu mediante unha pantalla, para falarlles do COIE.
"Vides a unha universidade importante. Iniciádesvos na universidade pública máis grande e esixente do país. A cambio, se vós respondedes, conseguiredes unha magnífica formación. O título que cheguedes a conquerir, terá un valor especial, o do voso esforzo autónomo, o da vosa constancia e orden. Será un título valioso para vós, como ahora xa o é na sociedade. Esta universidade va camiño dos 51 anos e ten unha experiencia acumulada que a fai grande, moderna e prestixiosa", díxolles o director de UNED Ourense, quen espera poder veros na convocatoria de xaneiro-febreiro para animalos a triunfar nesas probas "porque viredes preparados para disfrutar co voso saber adquirido en todos estes meses previos de estudo. Desexámosvos moito ánimo", engadiu.
UNED Ourense
Comunicación