OURENSE, 25 de setembro de 2023. O Centro Penal de Pereiro de Aguiar contará cunha Aula UNED nas súas instalacións, para achegar a formación á comunidade de internos. Así o expuxo o seu director, Francisco González Pérez, no discurso que pronunciou durante o acto institucional celebrado no propio centro na xornada festiva en honra da Virxe da Mercé, patroa de Institucións Penitenciarias. González interveu nun salón de actos cara autoridades provinciais, civís e militares. "Traballamos para por en funcionamento unha Aula UNED, para poder impartir ensino universitario así como para acceder á plataforma aLF desta universidade", sinalou. Estábano escoitando os representantes da Audiencia, da Avogacía, da Policía Nacional, Garda Civil, Policía Científica e Policía Local de Ourense; da universidade, da diocese así como toda a comunidade de persoas internas. "Estamos moi satisfeitos porque o desexo do director da prisión como o meu foi, desde fai xa moito tempo, implantar no centro de Pereiro de Aguiar esa Aula UNED que fará ben ás persoas que alí residen", dixo o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Foi grazas ao seu impulso que se conseguiu celebrar, despois do longo tempo de pandemia, unha esperada reunión por ambas as partes, o pasado 23 de marzo, na que se contou con responsables do Programa de Estudos Universitarios en Centros Penitenciarios (PEUCP) da UNED. Naquel encontro a UNED explicou o seu programa formativo neste campo, acción que ten un importante recoñecemento por parte de funcionarios e internos en España.
Jesús Manuel García Díaz, director de UNED Ourense; Luis Menor Pérez, presidente da Diputación Provincial e Francisco González Pérez, director do Centro Penitenciario de Pereiro, tras rematar o acto da Mercé.
Obxectivo
O PEUCP pretende incrementar o nivel formativo e cultural da poboación recluída en territorio nacional, posibilitando, a través da metodoloxía a distancia, o seu acceso aos estudos universitarios. Para alcanzar este obxectivo, a UNED pon ao dispor dos estudantes internos en Pereiro de Aguiar os seguintes servizos e materiais:
Francisco González xa activou a instalación das conexións debidas, á espera de poder rematar todo este aspecto técnico proximamente, para que se poida desenvolver a actividade pretendida. Por parte da UNED, confirma o seu director en Ourense que se axilizarán as xestións para que en Pereiro de Aguiar entre en funcionamento canto antes esa Aula UNED.
Metodoloxía propia
A UNED posúe unha metodoloxía propia que permite aos estudantes realizar de maneira autónoma gran parte do traballo necesario para preparar os seus estudos, a través do material didáctico impreso da materia, formado por textos básicos e materiais de apoio, publicados ou non pola UNED, suficientes para superar as distintas probas elaboradas polos equipos docentes. Seguindo as directrices do EEES, as Titulacións de Grao contan en distintos centros penais coa Plataforma educativa aLF da UNED de apoio continuado, xestionada a través da Asesores UNED, que permite o acceso ao material multimedia incorporado á mesma polos distintos equipos docentes. En cada centro penal a información xeral e a xestión administrativa do PEUCP lévana a cabo os Xestores de Formación e Inserción Laboral.
A UNED, nas datas que determine, organizará as Probas Presenciais (febreiro, xuño e setembro para titulacións universitarias e para o CAD, e xuño para a proba de Preacceso), que se realizarán nos centros penais designados como prioritarios. Os estudantes internos que non se atopen nun dos devanditos centros poderán solicitar o traslado con antelación suficiente ás datas da realización das probas presenciais. Os estudantes en réxime aberto, CIS ou liberdade condicionada non poderán ser beneficiarios de matrícula gratuíta.
UNED Ourense
Comunicación